CYRANXS - PROXECTO LUZAZUL
CYRANXS
Estrea absoluta. Luns, 30 Xuño, 20:00. Sala Exposicións Auditorio
- Compañía. LUZAZUL
- Dirección. María Teresa Campos Gómez, Alberto Casqueiro Iglesias
- Autoría. María Teresa Campos Gómez
- Público. Público familiar
- Duración. 45'
LUZAZUL é un proxecto desenvolvido polo Concello de Cangas que pretende ser un laboratorio de investigación dende a expresión utilizando o teatro como ferramenta.
O obxectivo principal é sacar á luz todos os potenciais, cualidades, pensamentos, desexos, emocións e contribuír a coñecernos e que nos recoñezan. Tamén integrar ás persoas con diversidade funcional e intelectual na vida social e cultural a través do teatro.
CYRANXS é un laboratorio teatral inspirado no personaxe de Cyrano de Bergerac no que reflexionamos en torno ao amor nas súas diferentes manifestacións e formas.
Podemos camiñar ao ritmo dunha persoa con un so zapato?
Unha persoa sordocega pode namorarse de min?
Seguirías amando a alguén que esqueceu o teu nome?
Podería namorarme dun Cyrano?
- Francisco Caíño Chapela
- Marisol Caíño Chapela
- Elda Collazo Tiebo
- Isaac Villar Iglesias
- Josep Benaque Pérez
- Pilar Carrilo Ríos
- José Manuel Rivas García
- Moisés Chantada Santome
- Diego González Calvar
- Andrea Juncal García
- David Riveiro Barreiro
- Pilar Bernárdez Pastoriza
- Manuel Martínez Villar
- Sonia Salgado
- Alberto Casqueiro Iglesias
- Log in to post comments



