Ir o contido principal

Xunta Local de Seguridade

FacebookTwitterShare
Xunta Local de Seguridade

Onte, 25 de febreiro de 2020, celebrouse no Concello a Xunta Local de Seguridade onde o Alcalde, Xosé Manuel Pazos, reuniuse coa Subdelegada de Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e cos corpos e forzas de seguridade do Estado para tratar o recente incremento de roubos en Cangas.

Tras este encontro, tanto o Alcalde como a Subdelegada de Goberno quixeron trasladar á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade tras a detención e o envío a prisión dun dos implicados. Tamén sinalaron que se continuará traballando de forma coordinada para garantir a seguridade e diminuír a delincuencia nas rúas.