Ir o contido principal

Visita as instalacións da Protectora do Morrazo

FacebookTwitterShare
protectora adrian

👉O concelleiro de protección e benestar animal Adrián Pena visitou onte as instalacións da Protectora do Morrazo co obxectivo de coñecer as demandas máis urxentes.

 

 

Ademais, tamén mantivo xuntanzas con Colonias Canguesas, Asociación Gemo e con PROMASCAN para coñecer as súas peticións.

 

Todos os colectivos apostan pola proposta inicial do concelleiro de crear a mesa de benestar animal, onde ademais tamén estarían membros da policía local e do Seprona. Dita mesa servirá para levar adiante os proxectos relacionados coa área de maneira consensuada polos colectivos que dunha maneira ou doutra teñen relación cos animais.