Ir o contido principal

Visita á cociña central de comedores escolares

FacebookTwitterShare
Visita á cociña central de comedores escolares

O pasado mércores, día 29 de marzo de 2017, ás 17:00 horas, a Concellaría de Ensino e unha representación das Anpas (representantes das Federacións de Anpas A Gameliña, representantes das Anpas dos Ceips A Rúa, Espiñeira, Nazaret e O Hío) visitaron as instalacións de ARUME - Cociña Central - da Empresa adxudicataria do Servizo de Comedores dos centros educativos nomeados, situada no entorno do Polígono de Navia - Vigo -.

Acompañados/as por distintas responsabilidades da Empresa "Alimentación Saudable Galega" visitaron as distintas fases de almacenaxe, elaboración, preparación, Dietista, envasado e transporte. Foron percorrendo as distintas dependencias, informándose e preguntando sobre todo o proceso do servizo.