Ir o contido principal

TRIVIAL A PÉ

FacebookTwitterShare
Trivial a pé

Cangas acollerá os días 20 e 21 de xuño a actividade Trivial a Pé, unha xincana cultural pola zona histórica da vila pensada para descubrir, a través do xogo, diferentes aspectos da historia, da lingua e do patrimonio local.

A proposta desenvolverase entre as 17:00 e as 21:00 horas, con punto de partida no Palco da Música, nos Xardíns de Félix Soage. Ao longo do percorrido, as persoas participantes deberán resolver enigmas, superar retos e poñer a proba os seus coñecementos sobre Cangas e os seus recunchos máis representativos.

A actividade está dirixida a todas as idades e poderá realizarse en familia, con amizades ou en equipo. Trátase dunha iniciativa de carácter participativo que combina lecer, aprendizaxe e achegamento á cultura local dun xeito dinámico.

DATOS DA ACTIVIDADE

Actividade: Trivial a Pé.
Datas: 20 e 21 de xuño.
Horario: De 17:00 a 21:00 horas.
Onde: Palco da Música, Xardíns de Félix Soage.
Público: Para todas as idades.
Actividade: De balde.