Ir o contido principal

Subvención Oficinas Turismo Cangas 2020

FacebookTwitterShare
OFICINA TURISMO

A Deputación Provincial de Pontevedra concede  unha subvención ao  Concello de Cangas, para a financiación dos custos derivados da dotación de personal para a realización de tarefas de información turística nas Oficinas de Turismo de Cangas, adheridas á Rede de Oficinas “Info Rías Baixas”. O importe da axuda concedida foi de 14.000 €, para a contratación de dúas persoas para o período do segundo semestre de 2020, con tódalas obrigas derivadas, sobre todo, no referente á imaxe corporativa  de dita rede Info Rías Baixas.

(*Bases da subvención: BOPPO nº29 de 12/02/2020 e *Concesión da subvención: BOPPO nº 99, de 26/05/2020)