Ir o contido principal

Restriccións acceso rodado ás praias

FacebookTwitterShare
covid

Con motivo da chegada do verán e con el a previsión de afluencia de bañistas aos areais do Municipio, acordamos restrinxir o tráfico de vehículos ás praias non urbanas de Cangas, sendo, polo demais, o acceso libre a todos eles por parte de calquera persoa sempre e cando se acceda a pé ou en bicicleta e se respecten as normas de seguridade, saúde e distancia social.O acceso rodado as praias quedará pois, restrinxido a persoas residentes e autorizadas.

As persoas empadroadas no Municipio con vehículo rexistrado nel, non precisarán tarxeta de acceso. Os propietarios de vivendas no Municipio que non cumplan estes requisitos, así como os visitantes hospedados en establecementos turísticos do pobo, poden solicitar as súas tarxetas de forma telemática enviando un email a mobilidade@cangas.gal, ou vir de xeito presencial ao Concello na oficina habilitada de 11 a 12:00 horas os luns, mércores e venres.