Ir o contido principal

Reparto de composteiros: Plan Revitaliza

FacebookTwitterShare
Reparto composteiros: Plan Revitaliza

O pasado martes día 3 tivo lugar un acto no Salón de Plenos no que se repartiron un total de 64 composteiros individuais dentro do plan REVITALIZA da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo deste plan é que os restos orgánicos non entren no circuíto habitual dos residuos, senón que sexan xestionados no mesmo lugar onde se producen, o que se chama "quilómetro cero": nos domicilios de veciñas e veciños que dispoñen de horta mediante autocompostaxe individual, e mediante autocompostaxe comunitaria ou en pequenas plantas comarcais para zonas máis densas.

Os restos de comida e vexetais –biorresiduos– son os máis abundantes de todo o lixo que se produce a nivel municipal. Supoñen un 53 % da bolsa de lixo que xera cada persoa en Galiza e son os únicos que se poden tratar no lugar onde se producen, con poucos medios, de xeito natural e controlado e con todas as garantías sanitarias e ambientais.