Ir o contido principal

Punto de Información Turística de Cangas

FacebookTwitterShare
OT

O punto de información turística do Concello de Cangas, situado na estación de autobuses e xestionado pola empresa Supernova Asistencias S.LU, continuará aberto ata o 31 de decembro de 2024, grazas a subvención da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao publico en oficinas de turismo adheridas a rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas.

Esta medida permitirá atender ás consultas das persoas que se achegan a Cangas durante o Nadal, e que o pasado ano 2023 superaron en número ás do mes de xuño, confirmando a tendencia a alza dos visitantes neste ultimo mes do ano.