Ir o contido principal

PRESENTACIÓN XXXI BANDEIRA CONCELLO DE CANGAS DE TRAIÑAS

FacebookTwitterShare
cartel

Este xoves, día 1 de xullo, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación da XXXI BANDEIRA CONCELLO DE CANGAS DE TRAIÑAS (Remo).

 

O acto acudiron Eugenio González (Concelleiro de Deportes) e Noel Malvido (Remeiro do Club Remo Vila de Cangas).

 

O evento, que terá lugar este domingo 4 de xullo no Dique do Porto de Cangas, trascorrerá en horario de 11.00/14.00 h, e nel participarán preto de 200 remeiros, en representación de 11 clubs achegados dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.

 

Na competición participarán deportistas en categoría ABSOLUTA (masculina)

 

O evento está organizado polo CLUB REMO VILA DE CANGAS, supervisado pola LIGA GALEGA DE TRAIÑAS e a FEDERACIÓN GALEGA DE ÁRBITROS e conta co patrocinio da CONCELLARÍA DE DEPORTES e o CONCELLO DE CANGAS.

 

PRESENTACION