Ir o contido principal

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA”

FacebookTwitterShare
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA”

Dentro da programación do Mes das Letras Galegas en Cangas, o Concello acollerá a presentación do libro A nena que perdeu un zapato na lama, do escritor e académico Ramón Nicolás.

A obra achega ao público á infancia e ás raíces vitais de Begoña Caamaño, figura arredor da que xira a programación deste ano. A través da memoria, da biografía e da emoción, o libro permite descubrir algúns dos lugares, experiencias e vínculos que marcaron a vida dunha das voces máis comprometidas da cultura galega.

A presentación contará coa presenza do autor e será unha oportunidade para afondar na traxectoria de Begoña Caamaño, na súa relación coa lingua e na pegada que deixou na literatura e no pensamento galego contemporáneo.

Datos da actividade

Presentación: A nena que perdeu un zapato na lama
Autor: Ramón Nicolás
Data: 8 de maio
Hora: 19.00 horas
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Cangas

A actividade forma parte da programación do Mes das Letras Galegas en Cangas, organizada polo Concello de Cangas a través do Servizo de Normalización Lingüística.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA”