Ir o contido principal

Premiados no sorteo entre os participantes no Programa de Rutas Guiadas de setembro

FacebookTwitterShare
Programa de Rutas Guiadas de setembro

A Concellería de Turismo informa de que unha vez finalizado o programa de rutas guiadas do mes de setembro, levado a cabo pola asociación A Illa dos Ratos, tivo lugar o sorteo  de tres latas de cerámica réplica das antigas latas da conserveira de Massó.

O sorteo realizouse entre todas as persoas que participaron nas rutas do mes de setembro e as tres premiadas recibiron estas latas como recordo dun anaco da historia recente de Cangas. O acto de entrega tivo lugar na oficina de turismo situada na Casa da Bola.