OBRADOIRO “DENDE EXERIA A BEGOÑA CAAMAÑO”
O Concello de Cangas organiza o 15 de maio de 2026 o obradoiro “Dende Exeria a Begoña Caamaño”, unha proposta creativa dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos para achegarse, dun xeito lúdico, a algunhas das grandes mulleres da nosa historia.
A actividade propón unha viaxe desde a figura de Exeria, considerada unha das primeiras grandes viaxeiras da historia, ata referentes como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Xela Arias ou Begoña Caamaño, mulleres que abriron camiños, romperon moldes e deixaron unha pegada fundamental na cultura, na literatura e no pensamento.
Durante o obradoiro, as persoas participantes crearán un caderno creativo empregando técnicas como o collage, os pop-ups e a ilustración, combinando aprendizaxe, imaxinación e traballo manual.
A proposta busca que a rapazada descubra referentes femininos próximos e inspiradores, ao tempo que desenvolve a súa creatividade a través dunha actividade participativa e divertida.
Datos da actividade:
Obradoiro: Dende Exeria a Begoña Caamaño
Data: 15 de maio
Hora: 17.00 horas
Lugar: Centro Social de Cangas
Idade: Nenas e nenos de 6 a 12 anos
Prazas limitadas

- Log in to post comments



