Ir o contido principal

Minuto de silencio polas vítimas do atentado de Londres

FacebookTwitterShare
Minuto de silencio polas vítimas do atentado de Londres

O Concello de Cangas súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e manifesta a súa consternación polos graves e penosos feitos acaecidos en Londres e, como mostra de apoio ás vítimas e ás súas familias, convocouse un minuto de silencio diante do Concello ás 12 horas do día de hoxe.

Desde o Concello queremos manifestar o noso máis profundo rexeitamento ante actos deste tipo, que demostran os riscos da intolerancia para unha convivencia pacífica das persoas e mostramos a nosa solidariedade coas vítimas, as súas familias e co Goberno do Reino Unido.