LUCES DE ADICAM CHEGA Á SÚA CUARTA EDICIÓN
A Carreira e Andaina “Luces de ADICAM” celebrará a súa cuarta edición o vindeiro 5 de xuño de 2026 en Cangas do Morrazo. A cita está organizada por ADICAM, Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico.
As persoas participantes poderán escoller entre dúas modalidades: carreira ou andaina, cun percorrido aproximado de 5 quilómetros en ambos casos.
A saída será desde a Casa da Bóla, sede de ADICAM en Cangas. A carreira sairá ás 22.30 horas e a andaina ás 22.40 horas.
As inscricións poden realizarse a través de www.carreirasgalegas.com. A cota de inscrición é de 8 euros para a carreira e de 6 euros para a andaina. Tamén se poderá colaborar sen participar a través do Dorsal 0.
Todo o recadado destinarase integramente a financiar os servizos de ADICAM para as persoas diagnosticadas e os seus familiares.
Datos da actividade
Evento: IV Carreira e Andaina “Luces de ADICAM”
Data: 5 de xuño de 2026
Saída: Casa da Bola, Cangas
Carreira: 22.30 horas
Andaina: 22.40 horas
Inscricións e Dorsal 0: www.carreirasgalegas.com.
Máis información: sedes de ADICAM ou teléfono 629 945 925
- Log in to post comments



