Ir o contido principal

Bando: Xestión da biomasa contra dos incendios forestais

FacebookTwitterShare
Bando

A Alcaldía de Cangas facendose eco das directrices da Xunta de Galicia sobre Xestión da biomasa contra dos incendios forestais.
INFORMA:

A Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia obriga aos propietarios de parcelas situadas nas faixas secundarias –as dos 50 metros de terreo rústico máis próximos ás vivendas-, a que manteñan as súas parcelas libres de maleza, de pinos de eucaliptos e de acacias.

Por isto, e ante a situación de emerxencia sanitaria, a Xunta de Galicia vén de reactivar a obriga de xestionar a biomasa nas faixas secundarias.

Ademais, prolonga o prazo para efectuar as limpezas: a data límite pasa do 31 de maio ao 16 de xullo incluido.

Así, ao prazo do 31 de maio marcado por lei, engádense os días transcorridos desde a declaración do Estado de alarma.

Os particulares que vaian facer os traballos de limpeza ás súas parcelas ubicadas nestas faixas secundarias deberán levar unha declaración responsable na que consten os seus datos personais e os datos das parcelas ás que van ir traballar.

Tamén deben portar os apeiros necesarios ou, de non levalos, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou nalgún lugar determinado.

No caso de que o axentes das Forzas e Corpos de Seguridade requiran que se identifique o motivo do desprazamento, o particular deberá acredítalo coa citada declaración responsable e incluso amosando os apeiros de traballo.

Descargas