Ir o contido principal

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZAS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA PARA O CURSO 2026-2027

FacebookTwitterShare
SOLICITUDE DE PRAZAS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

A Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Camaño” de Cangas abre o prazo de solicitude de prazas para alumnado de novo ingreso no curso 2026-2027.

A oferta formativa inclúe Música e Movemento, iniciación instrumental co método Suzuki, Linguaxe Musical, Coro e Instrumento. A idade mínima para acceder é de catro anos na especialidade de Música e Movemento e non existe idade máxima, ao tratarse dunha ensinanza aberta tamén a persoas adultas.

As solicitudes poderán presentarse do 25 de maio ao 17 de xuño, en horario de 16:00 a 21:00 horas, nas dependencias do centro, situadas na Avenida de Lugo, 25.

O sorteo de prazas celebrarase o 25 de xuño. O sistema de acceso á Escola Municipal de Música realizarase por sorteo, con prioridade para as persoas empadroadas en Cangas. No caso de estar empadroado/a no municipio, será necesario achegar o correspondente certificado ou volante de empadroamento.

DATOS PRINCIPAIS

Prazo de solicitude: do 25 de maio ao 17 de xuño.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
Sorteo de prazas: 25 de xuño.
Lugar: Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Camaño”.
Enderezo: Avenida de Lugo, 25, 36940 Cangas.
Teléfono: 986 30 41 58
Correo electrónico: emus.municipal.cangas@edu.xunta.es