Ir o contido principal

29ª ARGÁLICA

FacebookTwitterShare
ARGÁLICA

Informamos do comezo da Feria de Artesanía: ARGÁLICA, na Alameda Nova de Cangas. A inauguración será mañá mércores, día 15, ás 19:00h. Os 24 expositores permanecerán nas casetas habilitadas ata o día 2 de agosto en horario habitual de 11 a 14h e de 19 a 23h.

Desde a organización lémbrase ao público a necesidade de respectar as normas de hixiene e as pautas de visita: uso de mascarilla, limpeza de mans con xel xermicida e consultar sempre aos expositores antes de "tocar" os produtos.

Co esforzo de todos, podemos saír desta crise sanitaria e comezar unha nova normalidade onde os oficios artesáns teñan visibilidade económica.

 

CARTEL