Pasar al contenido principal

XXXIV Trofeo Vila de Cangas de Balonmán

FacebookTwitterShare
Cartel Trofeo Vila de Cangas de Balonmán

Este mércores, día 14 de agosto, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XXXIV TROFEO VILA DE CANGAS DE BALONMÁN.

O acto acudiron Fernando Quinteiro (Concelleiro de Deportes) e José Manuel Piñeiro (Directivo do Club Balonmán Cangas).

O encontro, que terá lugar este sábado, día 17 de agosto, no Pavillón Municipal de Deportes de O Gatañal, trascorrerá en horario de 19,00/20,30 h, e nel enfrontaranse o FRIGORÍFICOS DO MORRAZO vs A.A. AGUAS SANTAS (Portugal).

A entrada será GRATUITA para tódolos/as asistentes.

A competición está organizada polo CLUB BALONMÁN CANGAS, e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS.