Pasar al contenido principal

XXI Trofeo Vila de Cangas de Fútbol

FacebookTwitterShare
XXI Trofeo Vila de Cangas de Fútbol

Este mércores, día 14 de agosto, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XXI TROFEO VILA DE CANGAS DE FÚTBOL

O acto acudiron Fernando Quinteiro (Concelleiro de Deportes), José Priego e Pepe García (Directivos do Alondras C.F.).

O encontro, que terá lugar este domingo, día 18 de agosto, no Campo de Fútbol Municipal do Morrazo, trascorrerá en horario de 19,30/21,30 h, e nel enfrontaranse o ALONDRAS C.F. vs R.C. CELTA DE VIGO “B”.

A entrada será GRATUITA para tódolos/as asistentes.

O encontro está organizado polo ALONDRAS C.F., e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS.