Pasar al contenido principal

Fariña

FacebookTwitterShare
Fariña
Fecha de inicio Fecha de inicio:
Fecha fin Fecha de fin:
Horario 20:30 h
Dirección Auditorio Municipal de Cangas

Venres 31 de xaneiro ás 20:30 horas.

Sábado, 1 de febreiro ás 18:00 horas.

Sábado 1 de febreiro ás 20:30 horas.

 

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. 
O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas...

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.
De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

 

Venda de localidades:

Aticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) / Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo de cada función).
Prezos: A partir de 17€.