• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     24/07/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

O. M. Voluntariado "Cangas Voluntaria"

 

Voluntariado de Cangas

Contacto:

-Teléfonos: 986 39 21 71 / Fax: 986 39 21 72
- Mail: voluntariado@cangas.gal


 

 

Horario de atención ao público:

De luns a venres de 09:00 a 14:00h.

 

Localización:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver mapa máis grande...

 

 

Dirección:

-Casa da Xuventude: Rúa Real, número 29. 36940 Cangas..

 

Mediante este programa, o Concello de Cangas actuará como unha entidade máis no ámbito do voluntariado, e como tal, ofertará ós/ás voluntarios/as a posibilidade de colaborar nalgúns proxectos que conformarán o programa municipal de voluntariado de Cangas, no que se implicarán distintos servicios municipais.

A Oficiña encargarase de formar un banco de voluntarios e de poñer en contacto as asociacións cós voluntarios. Irá creando un libro de rexistro de voluntarios/as, onde se indique o nome do voluntario/a, DNI, programa no que colabora, horas adicadas, data de incorporación, data de baixa e observacións, unha vez se precisen voluntarios/as chamarase a aquel ou aqueles que cumplan có perfil.

Unha vez seleccionado o voluntario/a, deberá firmar o compromiso de colaboración, e cumprimenta-lo protocolo para dalo de alta na póliza de seguro que cubre os riscos de accidentes derivados do exercicio da actividade voluntaria e nos desprazamentos in intinere para desemprega-la devandita actividade.

A iniciativa parte do estipulado pola Lei 3/2000, de 22 de decembro, do Voluntariado de Galicia, polo que o Concello actuará coma unha entidade máis no ámbito do voluntariado, có seu propio regulamento.

 



PDFLey 22/12/200, Voluntariado de Galicia



PDFRegulamento Municipal de Voluntariado - Concello de Cangas

 

Solicitudes de inscrición:



PDFSolicitude de inscrición no rexistro de entidades de acción voluntaria de Cangas



PDFSolicitude de inscricion no rexistro de asociacións.

 

 

Obxectivos:

Responder á inquietude cidadá por atopar espacios de expresión da súa vontade solidaria.
Creación e mantemento dunha rede de persoas voluntarias que atendan ós diferentes colectivos no ámbito das súas competencias. 
Formar e capacitar voluntarios. 
Coordinar as actuacións das persoas voluntarias 
Promocionar e difundi-lo voluntariado. 
Fomentar a formación dos voluntarios e das organizacións. 
Coordinar a acción voluntaria no seno do Concello. 
Apoiar e asesorar para a calidade nas organizacións do voluntariado. 
Fomentar o movemento asociativo dos voluntarios.


 

Marcos de actuación:

Servicios Sociais
CIM
Cultura
Educación
Xuventude
Deportes

A OMIC dedícase a recibir consultas, denuncias e reclamacións por parte dos consumidores e usuarios e, se procede, tramítanse aos Organismos Competentes en materia de consumo.

Extraordinariamente informase a través da prensa, sobre temas concretos sempre que estean a afectar a un amplo colectivo de usuarios.


 

Áreas de actuación:

Cada concellería programará as súas actividades de voluntariado.

As actividades a realizar dentro do Programa de Voluntariado de Cangas se coordinarán dende a Oficina Municipal de Voluntariado de Cangas, que contará cos seguintes servicios e actividades:

Información e orientación

Que é o voluntariado.
Asociacións, entidades de acción voluntaria, programas europeos, campos de traballo, etc.
Información sobre actos, xornadas, congresos,...
Información e asesoramento persoal a cada voluntario de acordo coas súas perspectivas e as demandas da entidade de voluntariado.

Documentación

Centro documental especializado nos ámbitos de acción social, asociacionismo, voluntariado, participación,...
Bases de datos, Banco de Voluntariado.

Formación de voluntarios

Orientación na elaboración dos plans de formación.
Propostas de accións formativas.

Promoción

Campañas de información e sensibilización.
Charlas informativas, conferencias, exposicións,...
Xornadas, congresos.
Publicación e presentación de guías, memorias e libros.
Investigación e estudios.

Tódol@s interesad@s en participar nalgún programa de voluntariado, poden presentar a folla de inscripción como voluntario na Oficiña de Voluntariado xunto cunha foto tamaño carné. No caso de ser menor de idade deberá traer cuberta a autorización dos pais.

As asociacións que desexen colaborar coa Oficiña de Voluntariado deberán presenta-la súa solicitude de inscrición no rexistro de entidades de acción voluntaria nas mesmas instalacións. Deberán aporta-los estatutos da entidade, a acta constitucional, a composición da Xunta Directiva e o Domicilio Social de dita entidade. Unha vez rexistradas as asociacións poden solicitar voluntarios a Oficiña.

 

Outras entidades de voluntariado en Cangas

Asociación de Caridad Santiago Apóstol

Somos un grupo de voluntarios que, dende 1994, formamos unha asociación para atender e darlles apoio ás persoas menos favorecidas. A nosa actuación lévase a cabo en frecuente conexión cos servizos sociais do concello e a través das seguintes actividades:
1. Repartimento semanal de alimentos proveniente da Cruz Vermella e da operación Kilo, levada a cabo nos supermercados da localidade. Así mesmo, repartimos entre as familias leite especial para bebés, que custeamos coas achegas de socios e con donativos.
2. Repartimento de roupa e calzado, tanto novo coma usado.
3. Visitas ós beneficiarios nos seus domicilios para observar situacións e comprobar posibles necesidades.
4. En casos moi xustificados, axudamos a lles facer fronte a situacións de emerxencia: importes de aluguer de vivenda, gastos de subministración eléctrica, de gas, auga, etc., así como desprazamentos dos beneficiarios.
5. Estamos a confeccionar un arquivo de vivendas de aluguer de módico prezo, debido ó problema có que nos atopamos á hora de aloxar ós inmigrantes. Tamén facemos chamamentos a través da prensa para solicitar dos veciños a doazón de mobles, electrodomésticos e roupas da casa.
6. En ocasións precisas, ocupámonos de facer o seguemento da rehabilitación de toxicómanos, animándoos a que se internen nun centro, facéndolles visitas e influíndo na súa familia para que se impliquen na rehabilitación.
7. Na busca de traballo servimos de intermediarios entre o traballador e o que o necesita, sobre todo empregados de fogar e coidadores de enfermos e anciáns.
8. Temos unha traballadora social para asesorar e orientar a quen o necesite.

¿A quen van dirixidas as nosas actuacións?

A todo o que necesite da nosa axuda, sen distinción de raza, ideoloxía ou relixión.


¿Quen pode colaborar con nos?

Toda persoa maior de idade que, empregando a debida discreción, desexe axudar ós demais, adicándolle a esta obra un determinado número de horas ó mes para actividades puntuais.


Contacto:

R/ Enseñanza, s/n - 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Tfno.: 986 307 240 (luns, mércores, xoves e venres, de 17 a 19 horas) Fax: 986 305 417 Persoas de contacto: presidenta 986 300 245; tesoureira 615 171 777

 

Asociación de familiares de enfermos de alzheimer da Comaraca del Morrazo (AFAMO)

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afamo) é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 2000, có fin de buscar axuda para as persoas afectadas por esta doenza e apoio para as súas familias.

Na actualidade, contamos cuns 160 asociados entre persoas que teñen directamente un familiar e as persoas que desexan colaborar con nós.

Na actualidade e dende o ano 2002, contamos cunha Unidade de Respiro Familiar para enfermos de Alzheimer e outras Demencias, na que contamos cun servizo de transporte adaptado de recollida nos domicilios dos enfermos e posterior traslado ó centro de actividades, no que desenvolvemos diferentes terapias non farmacolóxicas de estimulación da mente. Tamén temos servizos de axuda para os familiares, dende cursos prácticos de coidados a grupos de axuda mutua. O que facemos na asociación son:

1. Campañas informativas e formativas sobre a enfermidade, a súa evolución e os avances científicos e sociais na actualidade.

2. Axuda psicolóxica ós familiares e cursos de formación.

3. Unidade de Respiro Familiar para Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, na que se desenvolven todo tipo de terapias non farmacolóxicas, estimulación fisico-cognitiva, musicoterapia, logopedia.

4. Transporte adaptado a domicilio.

¿A quen van dirixidas as nosas actuacións?

As nosas actividades e actuacións van dirixidas a tres grupos de persoas:


1. Ás familias dos afectados pola enfermidade de Alzheimer ou outra demencia asociada ó envellecemento.


2. Ós enfermos que as padecen.


3. Á poboación en xeral, para contribuír ó seu coñecemento.


O noso obxectivo a longo prazo é intentar que se creen servizos de atención especializados en todos os concellos da nosa comarca, así como residencias especializadas.


¿Quen pode colaborar con nos?

Calquera persoa maior de idade que desexe colaborar na atención especializada das persoas afectadas por unha demencia ou un alzheimer, así como persoas que estean interesadas no desenvolvemento das asociación sen ánimo de lucro e no seu funcionamento.


Contacto:

Afamo - Rúa Fragata Lealtad, nº 10, baixo | 36950 Moaña (Pontevedra)
Tfno.: 986 313 761 | Correo electrónico: afamo_morrazo@hotmail.com

 

Axuda Civil de Galicia

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que ten como finalidade axudar ás persoas ou ós colectivos que teñan calquera problema e que soliciten a nosa presenza, así como colaborar en calquera situación na que se solicite a nosa participación.


A actividades que realizamos son:


1. Asistencia en accidentes na estrada.
2. Acompañamento de grupos de persoas en diversas actividades.
3. Prevención de riscos en concentracións multitudinarias.
4. Comunicación entre distintos coordinadores de eventos.
5. Colaboración e reforzamento nas tarefas de protección civil.

¿A quen van dirixidas as nosas actuacións?

Ás persoas ou colectivos que necesiten a nosa axuda.


¿Quen pode colaborar con nos?

Calquera persoa que desexe axudar ás demáis, sen ánimo de lucro.


Contacto:

Daniel Castelao, nº 31, 4ºD Moaña (Pontevedra)
Tfno.: 678 634 242 - 609 685 074 Correo electrónico: ayudacivilgalicia@hotmail.com

 

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050