• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     24/10/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Rutas de interese en Cangas


entrada Ruta polo casco histórico entrada Ruta dos espazos naturais
entrada Visita ó cruceiro de Hio entrada Mapas e sendas

 

intro Ruta polo casco histórico

Ruta guiada polo casco histórico de Cangas. Gratuíta para grupos.

Para máis información: 986 392 023 ou 986 300875

Casa da BolaCasa de PatínA vila de Cangas, e moi particularmente a súa Zona Monumental, acolle un rico patrimonio artístico cada vez máis recoñecido e valorado.

Neste antigo burgo de pescadores, a man sabia do canteiro e o bo facer dos seus homes e mulleres ó longo dos séculos, acabaron legándonos la preciosa arquitectura mariñeira, que funde as súas raíces na tradición medieval.
Pero Cangas non é somentes Historia, senón tamén presente; un presente de grande vitalidade, no que o noso casco urbano continúa embelecéndose con novos e magníficos edificios contemporáneos.

 

 
Capela do HospitalXardins do SinalPor iso comenzaremos o noso percorrido na "Casa do Concello", obra de vanguardia que leva o selo dun laureado arquitecto: Alberto Noguerol. Dende eiquí dirixirémonos polos magníficos Xardíns do Señal, ata o lugar onde está a "Capela do Hospital" emblemático monumento mandado construir polo prior D. Gonzalo de Nogueira e Arauxo no 1711 e reconstruida no ano 2002.
 

Monumento MariñeirosReloxoEntraremos logo na Alameda, coa soberbia efixie de Don José Félix Soage Villarino que no 1914 esculpiu o xenial Francisco Asorey. Á vista están algunhas mostras daquela xenerosidade sen límites con que este gran home adornou o amor que sentía pola súa vila natal: o palco da música, o mercado, e outras moitas polas que o pobo lle garda un cariño imperecedeiro.
Casi inmediata se atopa outra sublime talla coñecida como "A volta do Mar" coa que o inolvidable Xoán Piñeiro quixo render unha sentida homenaxe a todos os pescadores de Cangas.
Pouco máis alá podremos admirar o popular "Reloxo", todo un símbolo da nosa identidade, e que non é outra cousa cunha estación meteolóxica.

 

Situación Reloxo Capela do hospital xardíns

 

A partir deste momento, comeza xa a asomar toda a riqueza arquitectónica do noso casco antigo.

Na Praza do Arco, antiga porta de entrada á vila, atoparemos un deses recoletos recunchos de encanto singular, onde se di que durante a Idade Media viviron xudeus.

A rúa Antonio Garelly conserva unha das máis primorosas "casas de patín", que en Cangas é vivenda mariñeira por excelencia, e na de Pablo Igrexas pasmarémonos ante os enormes portalóns, no seu día utilizados para gardar embarcacións de pesca. 
Ascenderemos logo pola Rúa Real, salpicada de vellas mansións hidalgas que aínda locen con orgullo os seus escudos de armas, pero tamén de impresionante edificacións de finais do S.XIX e principios do XX, cos seus graníticas fachadas labradas con esmero, e brancas e alegres galerías.

Ex-colexiata de CangasVeremos tamén a estatua ecuestre de Santiago Apóstolo, unha da imaxes máis coñecidas do noso conxunto histórico. Así chegaremos á principal xoia arquitectónica que atesoura  a vila, e máximo orgullo dos cangueses: a Ex-Colexiata de Santiago.

A súa esplendorosa portada renacentista, levantada en 1585, cóntase entre as máis belas e armoniosas de toda Galicia. Pero é preciso, ademais, visitar o seu interior, os seus maxestuosas naves, os seus retablos barrocos e as súas imaxes de altísimo valor artístico, elementos todos ante os que ninguén queda indiferente. Alí consérvase un venerado Cristo, seica milagroso, do que se di que "non quixo arder", pois en 1617 sobreviviu ao incendio do templo por parte dos "turcos impíos". Aínda que quizá nada levante tanta admiración como outro Cristo, o do Consolo, expresión viva do sufrimento na Cruz que tan ben soubo plasmar o mestre Juan Pintos.
Dende eiquí, e a través da Rúa do Hío, dirixímonos cara ao Eirado do Costal, corazón do barrio que foi o núcleo primixenio de Cangas.


 
Casa con SobradoOs seus tortuosos caleixóns esconden moitas e moi fermosas casas de patín alternándose estas con outras modalidades de morada mariñeira, como "a casa terrera", o seu precedente máis antigo, e a "casa con sobrado" ou entre medianeiras.

Tamén aquí sorprende ao visitante un venerable canastro, que dende a súa estraña localización sobre un muro, recórdanos os duros tempos en que sobrevivir era todo un luxo. Un escudo erosionado, que outrora acolleu o emblema da Inquisición, chamará a nosa atención ao subir pola Rúa de Síngulis. Así accederemos á praza do mesmo nome, presidida por un marabilloso cruceiro barroco e enmarcada por un espléndido grupo de casas de patín, caracterizando un espazo urbano que nos traslada a outra época.
E aínda poderemos dirixir os nosos pasos cara ao Outeiro, coas súas ancestrais "casas do petisco", baixar logo ata Fonte Ferreira para coñecer o típico lavadoiro, e rematar a visita no barrio do Señal, onde se mantén a tónica dominante dunha arquitectura creada por e para o mar, conformando así un dos conxuntos monumentais máis admirables de toda a costa galega.

 

subir

 

 

intro Ruta dos Espazos Naturais


Carballal de Coiro O Carballal de Coiro:
Na parroquia do mesmo nome, representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galicia. Para acceder a el, pódese facer por varios lugares. Por unha banda, vindo de Bueu cara a Cangas polo interior, ou sexa, pola PO-315, xusto ao chegar ao chamado Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai cara á ermida de San Cosme.
Se continuamos por aí, irémonos penetrando aos poucos na fraga, pasando pola fervenza do río Bouzós, que nace na zona de Ermelo. Outro xeito de chegar bastante fácil é subir ata a fermosa igrexa de Coiro e coller o camiño que continúa pola parte traseira da mesma. Atravesamos unha corredoira en forte pendente que conflúe coa pista principal que vén desde San Cosme. Por aí atoparemos varios cruces de camiños que levan ao monte da Pena, ao da Paralaia ou ao de Ermelo.


ampliar


Vista da costa de CangasA Ría de Vigo amosa o visitante os practicamente virxes areais de Nerga, Viño e Barra, enmarcados por extensos campos de dunas e de grande diversidade biolóxica. Esta reserva ecolóxica ten a súa continuación nos cantís da Costa da Vela. O resultado é un Espazo Natural, constituido pola Costa da Vela, Cabo Home, Nerga e Barra, que tanto polas numerosas especies que agachan como polo seu paradisiaco aspecto, foi declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).

 



As vistas da Costa dá Vela ou Soavela, cos cantiis, e as Illas Cíes, son de incomparable beleza...


ampliar

 

subir

 

 

intro Visita al Crucero de "O Hio"


HioPor la carretera de Cangas a Bueu, antes de llegar a Aldán, nos desviamos a la izquierda por un cruce que pone Hio y seguimos las indicaciones de la iglesia de O Hío.

San Andrés de Hío es una iglesia muy interesante por su antigüiedad. La iglesia es un compendio de mucho y variados estilos resultado de las alteraciones y modificaciones que sufrió a lo largo de su historia. Del Románico mantiene la decoración de la fachada, los canalones del tejado y su planta de cruz latina. El interior presenta bóvedas de arista góticas combinadas con las barrocas de casetones- en el crucerro y en la capila mayor- que nos recuerdan a San Martín Pinario en Santiago de Compostela. 
Su origen románico puede descubrirse aún hoy en su  portada. Presenta una estrutura abucinada que se acentúa mediante dos arquivoltas de medio punto de doble bocel apoyadas en una imposta. Los capiteles son de decoración vegetal excepto uno con talla de lazos. Los fustes de las columnas son lisos, con bases toscanas. La arquivolta exterior, que cierra el conjunto, itene forma de banda de pequeños boceles con decoración de billetes en arista.

El tímpano centra todo nuestro interés teniendo en cuenta el motivo representado: la X de Xristus. A ambos lados de esta, figuras de niños sosteniendo un libro o instrumentos.

Los motivos de los canalones son idénticos a los de Santa María de Cela.

La iglesia de Hío es importantísima por su famoso crucero, obra del maestro Cerviño. El crucero, como señala Hipólito de San Bravo, es un poema de teología escrito en piedra.

Es, quizás, el crucerel más importante de los que se conservan en Galicia. La orixinalidad y grandeza de la obra es patente para el visitante. 

De finales del siglo XIX (1872), la escultura es marcadamente barroca por el aire teatral que le imprimen a sus conjuntos el autor.

ampliar

 

subir

 

 

intro Mapas e Sendas

 

Puntos de Interese

 

 

PDFPuntos de Interese, estradas, autoestradas,...(218 KB)

 

Senda Areamilla

 

 

 

 

PDFSenda Costeira - Areamilla..(119 KB)

 

Cabo Home

 

 

 

PDFSenda Costeira - Cabo Home..(119 KB)

 

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050