Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Feira da Tapa 2018

De cara a organización da FEIRA DA TAPA 2018, convócase a tódolos hostaleiros que desexen participar na mesma, a unha xuntanza o venres día 25 de maio ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Este ano celebrarase a Feira da Tapa do 28 de xuño ao 8 de xullo. Os hostaleiros que participen teñen como data límite para formalizar a súa inscrición ata o mércores 6 de xuño nas Oficinas de Turismo do Concello, como se ven facendo nos últimos anos. Como principal novidade, este ano os establecementos poderán participar na modalidade de “Tapa”, de “Elaboración especial”, ou en ámbalas dúas.

Na xuntanza deste venres, farase entrega das Bases de Participación e da Folla de Inscrición na Feira da Tapa 2018. Ambos documentos poderanse adquirir tamén nos vindeiros días nas Oficinas de Turismo do Concello.

Animamos a participar nesta edición a todos os establecementos hostaleiros de Cangas, polo que é importante a asistencia a esta xuntanza para ampliar toda a información e aclarar posibles dúbidas.

Ligazóns