Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Bases para a selección de 8 auxiliares de policía local para o Concello de Cangas 2018

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas en sesión de data 19/03/2018 aprobou a convocatoria e as Bases que a continuación se reproducen para a selección de oito auxiliares da policía local. En cumprimento do disposto nas bases procédese a súa publicación de acordo coas mesmas, advertindo que o período de presentación de instancias irá dende o 26/03/2018 ao 10/04/2018 ambos incluídos.

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de oito auxiliares da policía local, en réxime de contrato laboral temporal por acumulación de tarefas en base ás necesidades que se xustifican no expediente tramitado para a aprobación das presentes bases. A duración dos contratos será de catro meses (prorrogables ata seis meses de acordo co establecido na normativa de aplicación) dende a data da sinatura do contrato, cun salario base de 1.057,66 euros ao mes.

Do mesmo xeito cos aspirantes que tendo superado as probas polas puntuacións obtidas non resultasen contratados confeccionarase un listado para as sucesivas contratacións de auxiliares de policía local que se puideran realizar durante o presente exercicio.

Descargas