Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Mellora do parque infantil de Nazaret

A Concellaría de Obras e Servizos completou os traballos no parque infantil de Nazaret, un espazo moi utilizado pola veciñanza. Todos eles están enfocados a garantir o cumprimento da normativa para a seguridade dos cativos e das cativas, o que é unha prioriade. 

Dentro do proxecto de adecuación ao reglamento executáronse as obras de reparación de chans e elementos de xogo, substituíndo todos os compoñentes deteriorados como os pisos de madeira.

Con estas obras, o Concello continúa coas actuacións programadas ata rematar o proxecto que inclúe un total de nove áreas infantís.