Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Obras no Pavillón do CEIP de Castrillón

No día de hoxe realizouse a entrega de chaves dos portais de acceso do pavillón do CEIP de Castrillón de Coiro. No acto estiveron presentes a concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giráldez; o director do centro, os técnicos do Concello e da empresa que levou a cabo as obras (Construcións Cores Meaño). Todos os traballos remataron en decembro, durante as vacacións de Nadal. Aproveitando a reapertura do curso, realizouse a visita ao centro escolar para comprobar as obras efectuadas que demostraron ser eficaces tras os días de choiva.

Durante o mes pasado realizáronse labores na reparación e canalización. De feito, no proxecto elaborado incluíase a canalización e recollida de augas na parte norte do pavillón para evitar a entrada de líquido polas gradas, así coma o cambio dos canelóns da cuberta e da baixante ao redor do perímetro do edificio cunha beirarrúa polo patio da escola. Ademais, levouse a cabo a apertura da parcela traseira onde están os novos vestiarios, o que permite gañar un gran espazo protexido por portais pechados, zona na que se prevé a montaxe dun invernadoiro.

Esta actuación da Concellaría de Obras e Servizos, programada e coordinada co concelleiro de Ensino, Xoán C. Chillón, e a comunidade escolar, remata cos graves problemas de filtración de auga nunha primeira fase de actuación no pavillón. Está financiada con fondos propios por un importe de arredor de 50.000 euros e prevese unha segunda fase máis grande para a substitución da cuberta e arranxo das gradas e paramentos verticais, remodelando completamente esta instalación para o que se está valorando a súa financiación no vindeiro exercicio económico coa axuda doutras administracións.