Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Nominacións Gala do Deporte 2018

A Concellaría de Ensino e Deporte remitiu a documentación necesaria a todos os clubs de Cangas para que nomeen aos seus candidatos para a vindeira Gala do Deporte, que se celebrará o venres 12 de xaneiro. Estas nominacións son extensibles aos propios deportistas, posto que a nivel particular tamén poden presentar as súas respectivas candidaturas, sempre e cando se cumpran cos seguintes requisitos: persoas nadas ou empadroadas en Cangas que estean federadas no seu deporte, aínda que non compitan en clubs da nosa vila.

O prazo para presentar as propostas remata o vindeiro venres, día 15 de decembro, ás 14:00 horas. A documentación a presentar consiste nunha folla de nominación que pode ser entregada de forma física na Casa da Xuventude ou a través do e-mail: deportes@cangas.gal.

As categorías para nomear aos deportistas inclúen a de “mellor deportista cangués/a por modalidade deportiva”. Asemade, pódense propor candidatos e candidatas aos seguintes premios:

  1. Recoñecemento entidade comercial na axuda-promoción do deporte cangués.
  2. Recoñecemento a unha persoa que traballa polo deporte de Cangas.
  3. Recoñecemento a un ou unha deportista cangués/a non en activo.
  4. Recoñecemento a unha persoa/entidade pola promoción do deporte popular e tradicional.
  5. Premio David Cal á proxección dos valores deportivos e culturais de Galicia.

Descargas