Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Participación de comerciantes locais no mercado extraordinario Mercado Campesiño-Mariñeiro

Ábrese o proceso de solicitude de participación de comerciantes locais no “Mercado campesiño-mariñeiro de Cangas-1617” no contexto do evento “Defensa da Vila 2017”, sendo este mercado o principal eixo dinamizador dos actos organizados na conmemoración do 400 aniversario do asalto por parte dos piratas turco-berberiscos á vila de Cangas.


O Concello de Cangas adxudicará un máximo de 15 postos para a participación dos comerciantes locais neste mercado, participación que será gratuíta. No caso de non ser ocupados por comerciantes locais, os espazos entrarán a formar parte do cupo total de postos que a empresa organizadora dispón.


As persoas físicas ou xurídicas interesadas en participar no Mercado dentro do cupo de comerciantes locais, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cangas, en horario de 09:30 a 14:00 horas, de luns a venres, en sobre pechado a solicitude de participación coa descripción do produto e posto que desexa montar, xunto coa documentación que se especifica nas bases.


O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 20 de novembro de 2017.


En función das solicitudes a comisión de valoración, seleccionará aquelas propostas e actividades que sexan consideradas máis acordes coas propias características do evento, podendo ser estas actividades relacionadas coa Alimentación e Restauración, Artesanías, Oficios, Téxtiles e Calzado, Produtos ecolóxicos, etc.


A decoración dos postos é de exclusiva responsabilidade do expositor e deberá manter unha estética acorde coa filosofía do mercado. Así mesmo, o vestiario e calzado de tódolos participantes deberá ser acorde coa temática do mercado, non estando permitida a presenza de persoas no interior dos postos que non estean ataviadas co vestiario de época ou ambiente recreados.


A valoración das solicitudes efectuarase tendo en conta o número de localizacións dispoñibles, diversificación dos produtos expostos, e maior adecuación ás características do evento. Terase en conta na valoración das solicitudes a oferta de realización dalgún tipo de actividade ou obradoiro.

Descargas