Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Visita ás obras de recuperación do Casco Vello de Cangas

O alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, e o deputado de Cooperación Municipal, David Regades, visitaron onte as obras de pavimentación e mellora de servizos recentemente finalizadas e que foron financiadas coas achegas do Plan Concellos 2016. A Deputación de Pontevedra investiu arredor de 230.000 euros nas mesmas.

Os traballos realizados comprenderon varios lugares do casco vello da vila. Por unha banda, no barrio de Outeiro púxose un pavimento de pedra, humanizouse a contorna e levouse a cabo a renovación das redes de abastecemento, así como a do alumeado público e do servizo de telecomunicacións. Por outra banda, nas rúas da Lúa e do Hospital realizáronse tarefas para renovar os servizos de abastecemento, saneamento, pluviais, iluminación, pavimentación e telecomunicacións. Sumado a todo isto, tamén se pavimentou unha zona da rúa Lirio.

O alcalde destacou moi favorablemente a realización destas tarefas, xa que  “recuperar o barrio histórico ten un enorme valor para a revalorización turística da vila”. Ademais, anunciou que “as inversións dos dous próximos anos na capital do Morrazo están aseguradas”.

O deputado Regades realizou unhas declaracións na mesma liña, salientando “a satisfacción do Goberno ante unhas obras como esta, posto que o concello de Cangas recuperou con este presuposto o Casco Vello". Ademais, tamén anunciou as conversas co alcalde para “as inversións provinciais nos anos 2018 e 2019”.

No referente ao Plan Concellos deste ano, o concello xa ten recibido máis dun millón de euros.