Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Bases para a selección dun operario condutor do grupo de emerxencias municipal en réxime de interinidade con previsión de bolsa de substitucións.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión polo sistema de concurso oposición coas características que se indican nas presentes bases de unha praza de OPERARIO CONDUTOR DO GRUPO DE EMERXENCIAS MUNICIPAL (oficial de 1ª), que realizará as funcións propias do posto ocupado polo traballador que substitúe, como son entre outras o auxilio na intervención en incendios, accidentes ou calquera tipo de sinistro, situacións de emerxencia e de risco para a seguridade cidadá en xeral, mediante a intervención directa e/ou conducindo os vehículos postos a disposición da actuación, colaborando co Corpo de Policía Local do Concello en materia de seguridade dentro do ámbito que permita a normativa vixente e realizando labores no eido medioambiental, especialmente no relativo á prevención de incendios.

Descargas