Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Manual de transparencia

A Lei 19/2013, de 9 de Decembro, "Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno" (LTBG), prevé que información deben publicar as Administracións Públicas para o coñecemento da cidadanía, como poden pedir os cidadáns a información ás Administracións e cales son as regras de Bo Goberno que deben respectar os responsables públicos.
 
Desde a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo levouse a cabo a elaboración do Manual de Transparencia onde intentar explicar á cidadanía, dun xeito máis doado e accesible, o contido da "Ordenanza Reguladora da Transparencia, Acceso á Información Pública e Reutilización de Datos do Concello de Cangas", aprobada con carácter definitivo o pasado 1 de agosto de 2016 en sesión ordinaria do Pleno do Concello.
 
Este manual aborda temas como os obxectivos e trámites máis importantes que se contemplan, os medios e pasos a seguir coas solicitudes, os tempos e prazos de resposta, etc., facilitando deste xeito o uso da mesma. Calquera persoa que precise realizar solicitudes de información disporá dun formulario específico que poderá atoparse na nosa web e tamén no Rexistro Municipal, onde terá que ser entregado.

Trátase dun traballo elaborado integramente polo departamento de comunicación deste Concello baixo a supervisión da Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, desde a súa redacción ata o propio deseño

Descargas