Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Competencias da alcaldía

O/A Alcalde/sa ostenta a máxima representación do municipio, establece as directrices xerais da acción de goberno e en colaboración coa Xunta de Goberno Local dirixe a política, o goberno e a administración municipal, da que é órgano superior.

Corresponden ó/á Alcalde/sa as competencias que lle asigna a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, así como as que lle atribúan expresamente as leis ou aquelas que a lexislación do Estado ou da Comunidade Autónoma asignen ao municipio e non se atribúan a outros órganos municipais.