• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     19/08/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Historia >> Os piratas berberiscos...

Os turcos destrúen a vila de Cangas

Barco pirata1617, tiveron lugar os feitos máis dramáticos que coñeceu Cangas ó longo da súa dilatada Historia. Un 4 de decembro, os habitantes da ría de Vigo vían espantados como once navíos corsarios turco-berberiscos fondeaban nas illas Cíes. Os seus propósitos non podían ser máis sanguinolentos: causa-la maior desfeita posible nas posesións da Coroa Española, e practica-la rapiña e a pillaxe.

Aínda trataron novamente os piratas de apoderarse de Vigo, infructuosamente, antes de dirixir as súas proas contra Cangas, que daquela era unha humilde vila de pescadores, totalmente desprotexida. A escasísima milicia non dispuña de recinto fortificado algún no que resistir, nin tampouco de artillería. A primeiras horas da mañá, tras un intenso bombardeo, uns 1.000 homes desembarcaron en Rodeira e na Punta de Balea, ante as aterrorizadas xentes do lugar. Ás minguadas tropas uníronse numerosos veciños mal armados, protagonizando unha loita desesperada, en abrumadora inferioridade numérica. O maior heroísmo daqueles homes e mulleres estivo en que foi o sentido da honra o que lles impedíu abandona-los seus fogares ante o invasor, pois en tales condicións era impensable a victoria.

 

Barco pirataÁs poucas horas, os que conseguiron fuxir ós montes cercanos puideron contemplar un espectáculo arrepiante: a vila ardía polos catro costados, incluída a Colexiata e o Hospital, e ducias de cadáveres sementaban as rúas. Aínda se dedicaron os turcos a saquea-los arredores durante tres días (nos que queimaron tamén a igrexa de Darbo) antes de desaparecer co seu rastro de morte. Con eles levaron un farturento botín, pero tamén a deceas de persoas cara o cativerio de Arxel.

O pobo de Cangas tardou moito tempo en recuperarse daquel desastre. A súa poboación quedou dezmada; a súa economía, estragada. Un novo azoute, a fame, cebouse cos máis desfavorecidos, o que se vería agravado polas malas colleitas durante os anos vindeiros.
Aqueles terribles sucesos deixaron na memoria colectiva de Cangas fondas cicatrices de dor e de medo, que ó final quedaron inmortalizadas pola tradición oral. É o caso dun famoso poema anónimo da época, que nos di nunha das súas estrofas:

 

"…Viñeron os mouros arrenegados,
lá de moi lonxe, lonxe, lonxe.
Todo arrasaron e estaba el
Ala para moi lonxe, lonxe, lonxe,
¡Quen fora galgo,
quen fora paxaro,
quen fora vento!


 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050