• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     30/04/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Parroquias de Cangas



Mapa parroquias
hio aldán darbo cangas coiro
Aldán
Cangas
Coiro
Darbo
O Hio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

...depoiis dun longo contencioso co municipio de Bueu, en 1862 Cangas recupera as suas históricas parroquias de Aldán e O Hío, qedando dende entón con 5 parroquias.

 

 

intro Aldán

Situada no noroeste do Concello:

ria de AldánPoucas poblacións de tan reducido tamaño posuen unha ría propia, protexida polos Cabos Udra e Punta Couso. Aldán é unha vila mariñeira, onde o viaxeiro pode contempla-las vivendas deste antigo burgo mariñeiro, mesturadas con centenarios hórreos que nos amosan a pervivencia dunha arquitectura popular que soubo resistir o paso dos séculos

O núcleo da parroquia sorpréndenos coa portada da Iglesia Parroquial de San Ciprián, de trazas neoclásicas, e a torre almenada, que se ergue tralos muros que delimitan o adro da igrexa, unha estreita rúa guiaranos ata a fachada do pazo, morada da nobre liñaxe dos Aldao, que dominou estas terras dende a remota Idade Media. Á mesma época corresponde a ponte emprazada en fronte da mansión, sobre o río Orxas. Este curso fluvial alberga muíños e unha feraz vexetación que pode servir de escusa para o paseo.



Lugares de Aldán:
San Cibrán, Herbello, Gandón, Menduiña, Piñeiro e A Espiñeira.


Praias:

ria de AldánDe Sur a Norte: San Cibrán, Con de Sestadelo, Cova de Tirotea, Areacova, Francón, Sartaxéns, Menduiña, Margaridas e Lagoelas

 

 

 

Que visitar:
Pazo e torre de Aldán, na parroquia de San Cibrán.
Pazo de "Vistalegre"
A Ponte, é unha ponte de pedra de orixe medieval que cruza o río Orxas pouco antes da súa desembocadura.
O Pazo de Buenavista, en Espiñeira.
" O bosque encantado": O acueducto , con funcións de muíño, no parque de recreo da Leira dos Condes.
Ruta dos Muiños no rio Oxas, dende o lugar de Sobreira ata o mesmo Bosque Encantado

 

Festas e celebracións::
San Amaro, 15 de xaneiro. Na capela de San Amaro.
San Sebastián, Día da Danza de Aldán, 20 de xaneiro
Festas de Santa Mariña. O 18 de Xullo
Festas do Carmen (Festas maiores). Última semá de Xullo

 

A danza de San Sebastián de Aldán, que se baila en día 20 de xaneiro, día de san Sebastián. As primeiras noticias que hai desta danza datan de 1650 aínda que se estima que é máis antiga. Nela participan 16 bailaríns, 10 homes, 5 mulleres e unha guía. Os homes visten traxe e zapatos negros e sombreo de fieltro, as mulleres van con traxe branco e mantón de Manila, delantal negro, panos de diferentes cores sobre os ombreiros e chapeus adorados con multitude de flores e cintas de cores.

+++Ampliar información

 

Danza de Aldán
Danza de san Sebastian en Aldán
O castelo en miniatura da Leira dos Condes
O castelo en miniatura da Leira dos Condes
   
Praia Areabrava
Praia de Areabrava
Praia de Menduiña
Praia de Menduiña

 

 

subir

 

 

 

intro Cangas

 

Situada no suroeste do Concello

Vista aerea de CangasÉ a capital do termo municipal que hoxe supera os 25.000 habitante,s ademais é onde se conforma ó núcleo urbán da vila. Atópase no medio dunha ensenada que se abre entre Punta Rodeira (Coiro) e Punta Balea (Darbo). Totalmente urbanizada con un largo paseo marítimo rodeado por xardíns, os xardins da Sinal.
Nesta parroquia están os organismos administrativos do municipio. Tamén ubicados os peiraos (pasaxeiros, pesca e deportivo).

O primeiro que chama a atención do que nos visita por primeira vez é a riqueza do seu patrimonio histórico-artístico. Paga a pena perderse polas estreitas rúas do Casco Vello, descubrindo os exemplos de arquitectura popular mariñeira, as casas de patín ou as casas terreñas. Chegando as preciosas prazas como a de Síngulis ou a do Costal e admirando os nobres edificios brasonados

Aínda que, de seguro, o que máis o impresionará e a Excolexiata de Santiago, que data do século XVI. É preciso visitar detidamente este monumento, e admirar a súa fachada renacentista, as súas portentosas bóvedas góticas e as súas tallas e retablos barrocos. Á saída e baixando pola Rúa Real, chegará a Alameda, na que se conservan importantes obras escultóricas de Xoán Piñeiro ou Francisco Asorey. A poucos pasos, nos Xardíns do Señal un paseo que bordea a vila ata chegar a praia de Rodeira, amosanos dun lado a Capela do Hospital, monumento emblemático do século XVIII, e do outro o porto deportivo.

 

Praias:
Rodeira

 

Praia de Rodeira
Praia de Rodeira
Paseo Marítimo
OPaseo marítimo de Cangas
   

 

Que visitar:
Ex-Colexiata de Santiago de Cangas.
Pazo da subida de Singulís.
Zona vellas: Casas de Patín.
Casa da bola.
Paseo marítimo.
Barrio de O Outeiro.

 

Festas e celebracións:
Festas do Cristo, o último domingo de Agosto.
Semana Santa de Cangas.

 

 

subir

 

 

 

intro Coiro

 

Situada no leste do Concello

Vista aerea de CoiroCoiro é, fundamentalmente, unha parroquia de interior, e o seu principal atractivo son lugares como a “Carballeira de Coiro”, un dos Espacios Naturais Protexidos cos que conta o noso Concello. Estamos a falar dunha fraga tipicamente atlántica onde se mesturan especies coma carballos, castiñeiros, salgueiros, ou bidueiros entre outras.
O río Bouzós, que atravesa o lugar esconde numerosos muíños. Un deles, o de “Fausto”, foi restaurado e o viaxeiro pode comprobar como funcionaban estes curiosos enxeños.

Coiro é tamén terra de pazos, pertencentes a importantes liñaxes fidalgas, paga a pena deterse a contemplar os de A Retirosa e O Xistro. Tamén son abondosos os edificios brasonados, como o do Cruceiro, que aínda ostenta o escudo da Inquisición.
Tamén a Casa Rectoral amosa dúas boas labras heráldicas, representando unha delas á poderosa familia dos Mondragón, marqueses de Santa Cruz de Rivadulla. Pero o máis impresionante é a Igrexa de San Salvador, obra que os irmáns Novas realizaron no 1784, onde destaca a torre cunha rica ornamentación barroca.

 

Lugares de Coiro:
Agualevada, Boubeta, Carballal, Castrillon, Costeira, Cruceiro, Debesa, Espiritu Santo, Forte, Xielas, Gondoran, Gruncheiras, Iglesario, Miranda, Outeiro, Parada, Pedra dá Lan, Reboredo, Retirosa, Romarigo, Rosada, Rua, Trigas e Verin.

Praias:
Canabal, Praia dos Almenáns e Rodeira

 

Igrexa de Coiro
Igrexa de Coiro
Fervenza en Coiro
Fervenza na carballeira de Coiro
   

 

Que visitar:

Carballeira de Coiro
Igrexa de San salvador, casa rectoral e mirador.
Pazo da A Retirosa
Pazo de O Xistro
Casa museo de a Mangallona.
Muiño de Fausto, no rio Bouzós


Festas e celebracións:

Festas do Espíritu Santo: variable no mes de Xuño.
Festas de Santo Domingo, a principios de Agosto.
Festas de San Salvador, o 6 e 7 de Agosto.
Festas de San Cosme, o 26 de Setembro

 

 

subir

 

intro Darbo

Situada no centro do termo municipal de Cangas

Praias de  LiménsDarbo, igual cas restantes parroquias do municipio, posúe unlitoral privilexiado, pero é moito máis que area e mar. No Monte de San Roque atoparemos unha pequena capela. Alí gozaremos dunha panorámica de toda a vila e gran parte da ría de Vigo.
Os amantes das camiñadas atoparán no  "Balcón do Rei” un entorno espléndido para desenvolver a súa práctica deportiva favorita.

A parroquia conta con abondosos exemplos de arte popular, como son os cruceiros e os petos de animas. Son tamén numerosas as capelas e pequenos santuarios de grande antigüidade, coma os de San Pedro e San Blas, pero non cabe dúbida de que a xoia arquitectónica de Darbo é a Igrexa Parroquial de Santa María. Construída no século XVIII salientable pola súa decoración e proporcións, que deron como resultado un dos mellores resultados do barroco rural galego
Un centenario cruceiro custodia a entrada da igrexa, que na súa parte posterior conta cunha fonte barroca.

 

A danza econtradanza de Darbo: O día grande, 8 de Setembro, despois dos oficios relixioxos, diante no adro da igrexa de Santa María.
Este baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados. A danza data do século XVI e bailábase para dar gracias á Virxe por favores recibidos durante o ano. Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un percusionista, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza. Os danzantes distribúense en tres filas, seguindo ó guía principal, que leva as damas e as coloca formando arco en fronte da fila da esquerda; esta sae e marcha por fóra da outra formando outra parte do arco que se une ó primeiro; e, por último, a outra fila de galáns cerra a circunferencia.
Para a Contradanza utilízase a mesma colocación, fórmase un círculo xeral levando o guía ás damas e despois ós contraguías coas súas filas. Desfacendo o círculo formando as tres filas, e cunha volta sobre si mesmo de cada individuo, remata a Contradanza e a Danza.

+++Ampliar información

 

Lugares de Darbo:
Balea, Barreiras, Castelo, Cimadevila, Cunchido, Ximeu, Magdalena, Ourelo, Piñeiro, San Roque, Santa Marta, Seixo, Serra de Nacente e Serra de Poñente.

Praias:
Salgueirón, Congorza, Praia do Medio, Areamilla, Praia do Porto, Santa Marte e Liméns

 

 

Danza e contradanza de Darbo
Danza e contradanza de Darbo
Panorámica dende o Balcón do Rei
Panorámica dende o Balcón do Rei
Danza e contradanza de Darbo
Danza e contradanza de Darbo
Capela de San rooque
Capela de San Roque

 

Que visitar:
Mirador do "Balcón do Rei".
Ermida e mirador de San Roque.
Ermida de San Blas (Románica)
Igrexa de Sata María.

 

Festas e celebracións:
Festas de San Blas, a principios de Febreiro.
Festas de Santa Marta, o último sábado de Xullo.
Festas de San Pedro, a finais de Xuño.
Romería de San Roque, a terceira semana de Agosto.
Romería de Darbo, a segunda semana de Setembro.

 

 

 

subir

 

 

intro O Hio

Situada no oeste do termo municipal de Cangas

Cabo  Home, en Hio - CangasAdemáis da súa historia, Hío deleitaranos coa súa natureza, así os cantís da Costa da Vela, (O parque Natural das Dunas de Barra e Costa da Soavela, abarca a linea costeira desde Limens ata Cabo home, incluíndo os sistemas dunares de Barra ( segundos en importancia da provincia) e os cantiis da costa dá Soavela), dunha beleza sobrecolledora abrirannos o camiño para ascender ata o cume do "O facho en O Hio ." Dende eiquí o viaxeiro pode contemplar ademáis das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abarca gran parte das Rías Baixas.



A súa proximidade ás Illas Cies e as Illas Ons ( Parque Nacional Illas Atlanticas ) confírelle un caracter moi mariño, ao acharse rodeada de mar, Oceano Atlantico ao Oeste, Norte e Sur, e a Ria de Aldan ao Leste.


detalle cruceiro hioExiste en Cangas un conxunto monumental de extraordinaria importancia, o que podemos contemplar na parroquia do Hío.
Alí atopámo-lo cumio da arte popular en Galicia, O  Cruceiro de Hío, compre admirar de vagar as súas numerosas figuras e múltiples rostros que o animan compoñendo a historia da redención dos homes.





O seu folklore é relevante polo feito de transmitir por xeracións a famosa Danza de San Roque, que o día 16 de Agosto, báilase no atrio parroquial fronte ao famoso cruceiro.

 

A Danza de San Roque no Hío : O 16 de Agosto, despis dos oficios relixiosos: O Cruceiro do Hío é o escenario no que se interpreta a tradicional Danza coñecida como “Danza de San Roque” ou “Dos Peregrinos”, que data do século XIV da que se conservan varias hipóteses sobre a súa orixe. Un requisito imprescindible para ser mordomo ou danzante desta celebración é ser natural do Hío.

A Contradanza é a parte realizada de regreso á Igrexa cando San Roque volve ó templo, esta vez sen chaqueta. A diferencia entre as dúas pezas, Danza e Contradanza, está na velocidade dos movementos e nos instantes en que se interpreta, a Contradanza ten uns tempos de catro por catro, é dicir, unha muiñeira que é tamén como se coñece esta parte da peza. Mentres que a danza acompaña á procesión sen que os danzantes cesen no seu cometido, a Contradanza realízase a maior velocidade no adro á recollida da solemne procesión.

+++Ampliar información

 

Lugares de Hio:
Donón, Igresario, Nerga, Pintens, Vilariño, Vilanova e Limens.

 

Praias:
De leste a oeste e de sur a Norte:
Temperáns, Praia dos Castros, Nerga, Viño, Barra, Melide, Couso, Praia do Portal, Rabáns, Alada, Estrepeiros,, Areabrava, Castiñeiras, Pipín, San Xián, Pinténs, Arneles, Praia da Testada, e Praia de Vilariño.

 

Danza de Hio
Danza de San Roque no Hio
Praias de Nerga, Viño e Barra
Praias de Nerga, Viño e Barra
   
Costa da Soavela, e Donón
Costa da Soavela (Costa "da Vela") e Donón
O facho
Monte de O Facho

 

Que visitar:
Cruceiro de O Hio.
O facho.
Costa da da Soavela (Costa da Vela), e faro de Cabo Home.

 

Festas e celebracións:
Festas do Cristo da Luz, o primeiro domingo de Xullo.
Festas de Santiago de Donón, o 25 de Xullo.
Festas de San Lorenzo, o 10 de Agosto.
Festas de San Roque, o 16 de Agosto.
Festas de San Andrés, o 30 de Novembro.

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050