• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     19/08/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Historia >> O Facho

O Facho

Escavacións no FachoNo extremo occidental da Península do Morrazo, individualizado do seu contorno e elevado sobre o Océano, o Monte do Facho acolleu ó longo de séculos distintas expresións da vida na comarca, que o son tamén da Historia de Galicia.

En primeiro lugar, desde o século X A.C. ata o século VII A.C., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño.

A partir do século VI A.C. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construcción mesma do poboado como da configuración natural.

 

Posto de VixianzaPosteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen viviran no castro para dotalas, ó longo dos séculos II ó IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixilancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.

 

 

Apareceron 161 altares, no que fai casei dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobreo cumio do monte. (Na fotografía aparecee Enrique Massó en 1963 , rodeado de Aras).

Os altares votivos, ara en latín, son os achados máis significativos das escavacións do Monte do Facho. A súa función era ofrecer ó deus un pequeno monumento que recolle nunha inscrición a súa condición de exvoto, a divindade á que vai dirixida e, en ocasións, o nome do dedicante e/ou os motivos da ofrenda. Os exemplos do Monte do Facho constatan a interpretación que fan o galaicos dos modelos orixinais romanos. Ó lado de escasos exemplos clásicos, atopamos a reformulación no ambiente provincial galaico, con variacións na morfoloxía e enriquecemento ornamental ata chegar despois nas últimas fases do santuario a unhas formas moi afastadas dos modelos romanos. Un proceso que expresa a creación dunha identidade estética e simbólica galaico-romana.

O santuario de Berobreo dispoñíase nunha área en pendente que circunda o cumio do monte. Existen restos de columnas que indican a existencia dun edificio, pero ata agora só coñecemos unha disposición a ceo aberto de altares que, fincados na terra e en grande número, ocupaban boa parte desa área. Unha acumulación que motivou a tendencia dos monumentos a ser estreitos e altos, configurando o que á vista parecía un “bosque de aras”. Ó final da existencia do santuario, o lugar foi abandonado; as aras irán caendo e amoreándose, a veces fragmentadas, para permanecer así ata os nosos días.

 

 

 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050