• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     27/05/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Lugares con encanto en Cangas


Vistas aéreas do Facho en Donón, Cangas

 


 

entrada Carballal de Coiro entrada O Frendoal
entrada Santuario do dios Berobreo eno Facho entrada Conxunto munumental do Hio

 

intro O Carballal de Coiro

Ver mapa máis grande...

Este Carballal, situado na parroquia de Coiro, representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galicia.
Ten un gran valor para esta comarca pola súa función de captador e manantial de auga.

Pódese acceder a el por varios lugares. Primeiro, vindo de Bueu a Cangas pola PO- 551, xusto ao chegar ao Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai dar á ermida de San Cosme. Pouco a pouco adentrámonos na Fraga, pasando pola cascada do río Bouzós, que discorre dende a zona de Ermelo e que agacha numerosos muíños sendo o máis coñecido o de “Fausto”. Un segundo camiño máis doado é subindo ata a fermosa igrexa de Coiro e coller a senda que continúa pola parte traseira da mesma. Atravesamos una corredoira en forte pendente que conflúe coa pista principal que ven dende San Cosme. Por alí atoparemos varios cruces de camiños que levan ao monte da Pena, ao da Paralaia ou ao de Érmelo.

Neste espacio natural a árbore dominante é o carballo (Quercus robur). Atopamos tamén especies autóctonas como o castiñeiro, a cerdeira, e outras. Nesta mancha é abundante a coñecida falsa acacia (Robinia pseudo acacia) e os Loureiros, sanguiños, estripeiros, … son algúns dos arbustos que forman parte do sotobosque. Declarado Espacio Natural Protexido polos seus valores ecolóxicos, paisaxísticos e recreativos, ao igual que Cabo Home e Barra, este Carballal conta cunha superficie aproximada de 365 hectáreas localizadas nos lindes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña

 

Carballal de Coiro
Carballal de Coiro
Muiño de Fausto
Muiño de Fausto
   
   
   
Fervenza en Coiro
Fervenza no carballal de Coiro
Carballal de Coiro
Carballal de Coiro

 

subir

 

intro O Frendoal en Aldán

FINCA DO FRENDOAL

A Casa Torre de Aldán pertencente aos Condes de Canalexas, grandes terratenentes da Comarca, contaba cunha das extensións máis amplas e fermosas da Península do Morrazo.

Situada no corazón da parroquia de Aldán, a finca contaba con estructuras arquitectónicas de gran valor artístico e monumental, e era empregada pola familia e os seus achegados como lugar de descanso e lecer, para practica-los seus deportes favoritos, entre eles a caza.

"Xardíns Históricos"
Trátase duns xardíns que se atopaban na zona de recreo e descanso da Casa Condal, empregados ademáis como bosque para a caza. Orixinariamente unidos á finca do Pazo - Torre de Aldán, a principios do século XX, quedaron separados polo trazado da actual PO - 315. Cabe sinalar a súa vexetación entre a que podemos atopar magníficos exemplos de carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e algunhas especies introducidas polos condes como son as píceas, o que permite que poidamos revivir a época no seu máximo esplendor.

"Acueducto elevado de O Frendoal" (Ou Arco da Condesa)
Situado nunha marxe da PO – 315. Pertenceu á Casa Torre de Aldán. Trátase dunha antiga canalización de auga que ía dende unha lonxana mina, situada na zona máis elevada do Frendoal, ata o Pazo. Para salvar o desnivel construíronse dous amplos arcos, un dos cales se eliminou ao facer o actual trazado da estrada que vai a Bueu, sendo o seu percorrido subterráneo. O outro arco aínda se conserva dentro da finca, por debaixo do cal pasa o sendeiro que percorre o parque. Poderíase dicir que o actual acueducto é medieval, pero si nos remontamos á súa orixe cabería sinalar que se sitúa na época romana, esto está evidenciado dado que os conductos do mesmo desembocan no que se presume eran as antigas pilas da factoría de salgazón que os románs tiñan nos baixos da actual Torre de Aldán. Dita actividade, requiría unha gran cantidade de auga, que sería subministrada por unhas conduccións previas ó actual acueducto. Máis tarde, xa restaurado polo Conde, a auga que viña das minas e que pasaba polo Arco, era utilizada para o regadío das súas terras. O sistema foi empregado ata os anos 70, quedando completamente obsoleto co paso de tempo. Actualmente o acueducto non leva auga e só queda a pegada da época dourada anterior.

Por outro lado, dentro deste entorno non podemos deixar de sinalar os complementos con estructura de fábrica, que nos iremos atopando no camiño:

Pequeno castelo con fosa e ponte levadiza. A súa construcción iniciouse nos anos sesenta como zona de descanso para os condes, pero quedou sen rematar. Na actualidade conserva a súa estructura orixinal.
Campo de croquet. Situado fronte a fachada principal do castelo, foi utilizado durante os anos 60 e 70.
Bancos de descanso.
Paseo bordeado de castiñeiros. Donde os veciños da vila aproveitan a visita en outono para recoller as castañas.

 

Frendoal
O Castelo de O Frendoal
Frendoal
Acueducto de O Frendoal
   
   
   
Frendoal
Sendeiro en O Frendoal
Frendoal
Campo de criquet en O Frendoal

 

subir

 

 

intro Santuario do deus Berobreo no Facho en Donón

Ver mapa máis grande...

No extremo occidental da Península do Morrazo, individualizado do seu contorno e elevado sobre o Océano, o Monte do Facho acolleu ao longo de séculos distintas expresións da vida na comarca, que o son tamén da Historia de Galicia.

En primeiro lugar, desde o século X A.C. ata o século VII A.C., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño. A partir do século VI a.C. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construcción mesma do poboado como da configuración natural.

Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen vivira no castro para dotalas, ao longo dos séculos II ó IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixiancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.

Apareceron 161 altares, no que fai casei dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobreo cumio do monte.

 

O Facho
Monte de O Facho
O facho
Monte de O Facho
   
   
   
O Facho
Monte de O Facho - (Poboado)
O Facho
Monte de O Facho - (Garita de Vixianza)

 

subir

 

 

intro O Conxunto Monumental do Hio - Cruceiro de Hio

Ver mapa máis grande...

Pola estrada de Cangas a Bueu, antes de chegar a Aldán, desviamonos a esquerda por un cruce que pon Hio e seguimos as indicacións da igrexa de O Hío.

San Andrés de Hío é unha igrexa moi interesante pola súa antigüidade. A igrexa é un compendio de moitos e variados estilos resultado das alteracións e modificacións que sufriu ao longo da súa historia. Do Románico mantén a decoración da fachada, os canalóns do tellado e a súa planta de cruz latina. O interior presenta bóvedas de aresta góticas combinadas coas barrocas de casetóns- no cruceiro e na capela maior- que nos recordan a San Martín Pinario en Santiago de Compostela. 

A súa orixe románico pode descubrirse aínda hoxe na súa portada. Presenta unha estrutura abucinada que se acentúa mediante dúas arquivoltas de medio punto de dobre bocel apoiadas nunha imposta. Os capiteis son de decoración vexetal excepto un con talla de lazos. Os fustes das columnas son lisos, con bases toscanas. A arquivolta exterior, que pecha o conxunto, ten forma de banda de pequenos boceles con decoración de billetes en aresta.

O tímpano centra todo o noso interese tendo en conta o motivo representado: a X de Xristus. A ambos os dous lados desta, figuras de nenos sostendo un libro ou instrumentos.

Os motivos dos canalóns son idénticos aos de Santa María de Cela.

A Igrexa de Hío é importantísima polo seu famoso cruceiro, obra do mestre Cerviño. O cruceiro, como sinala Hipólito de San Bravo, é un poema de teoloxía escrito en pedra.

É, quizá, o cruceiro máis importante dos que se conservan en Galicia. A orixinalidade e grandeza da obra é patente para o visitante.

De finais do século XIX (1872), a escultura é marcadamente barroca polo aire teatral que lle imprime aos seus conxuntos o autor.

Estamos, sen ningunha dúbida, ante o monumento popular máis importante de toda Galicia. Foi feito polo mestre Cerviño e a súa data de construcción sabémola gracias ao anxiño que está no alto dunha columna ao seu lado. No pergamiño que leva na man pódese ler: “Esmolas para o santísimo Cristo da Luz 1872”. Esta foi a data na que se inaugurou o Cruceiro, para conmemorar a festividade do Cristo.

O Cruceiro arrinca do chan cunha escaleira octogonal de tres banzos, á que lle segue un ara sobre a que se asenta a estructura principal da obra, composta por basea, fuste e cruz. Cada unha destas realizada nunha soa peza.

A base está formada por catro hornacinas orientadas aos puntos cardinais. A da cara sur móstranos a Eva coa mazá no momento de ser tentada pola serpe. Neste caso pódese facer unha lectura como de principio e fin, xa que se o cruceiro comeza co Pecado Orixinal, acaba, no máis alto, coa redención deste, por medio da morte na cruz do fillo de Deus. A hornacina que dá ao oeste forma conxunto coa anterior e representa a Adán no Paraíso. A seguinte imaxe, Xesús logo de morrer na cruz vai ao limbo a buscar aos Xustos para conducilos ao Ceo. Neste punto temos que prestar atención á forma en como están cinceladas as portas do Limbo. Mirando cara á igrexa está a cuarta hornacina que nos mostra á Virxe do Carme como redentora das Almas do Purgatorio. Se nos fixamos, a figura á que lle estende a man ten un birrete de cura.

O fuste na súa parte máis baixa ten unha inscrición na que imaxina un nome, que ben puidese ser o do Arcebispo de Santiago, e baixo este unhas letras que rezan o seguinte: “Concedeu cen días de indulxencia” e é que o Arcebispo da época concedeu cen días de indulxencia leve a toda aquela persoa que rezase un credo diante do Cruceiro. Subindo pola columna, atopámonos a Adán e a Eva no momento de seren expulsados do paraíso. É aconsellable ver estas imaxes de perfil, xa que están unidas á columna unicamente polos pés, desta forma decatarémonos do ben que están tallados os corpos de ambas as figuras. Encima do conxunto anterior está a Virxe Inmaculada derrotando á serpe, que encarna o mal. Devandita advocación está representada cos seus símbolos habituais feitos neste caso de metal (chumbo): unha media lúa aos pés e unha coroa con doce estrelas na cabeza. Na parte alta vemos ao Arcanxo Gabriel, anxo da garda, collendo ao neno da man, que representa a inocencia que é salvada do Mal e doutra banda está o Arcanxo Miguel que, como é habitual, simbolízaselle loitando contra o Diaño. Para rematar, debaixo da ménsula que sostén o conxunto final, atópanse os catro anxos que sosteñen a cidade sacra de Xerusalén.

No máis alto do cruceiro escenifícase o desencravo de Cristo. Esta é a parte máis importante do conxunto. Hai que destacar como foi baleirada aquela única roca de granito traída da zona de Liméns. É importante que un se pare a contemplar os detalles das vestiduras e as proporcións dos corpos, pero o primordial é a expresión que o autor conseguiu dar ás figuras. Facendo unha descrición da escena, vemos que Xesús está sendo baixado da cruz por Xosé de Arimatea, propietario do sepulcro onde foi depositado o corpo de Cristo, e por Nicodemo. Abaixo San Xoán agárrao dos pés, mentres a Magdalena bótase as mans á cabeza e a Virxe María axeónllase mirando cara ás súas mans, que supomos, aguantaban a coroa de espiñas ou esperaba para recoller o corpo xacente do seu fillo. A escena complétase con dous querubíns que sosteñen os cravos (o da dereita) e a placa de INRI (o da esquerda). IESVS NAZARENVS REX IVDAEORVM "Xesús de Nazaret, Rei dos Xudíos" As ferramentas tamén son de chumbo.

 

Hio
Detalle del desencravo no capitel

Hio
Detalle do fuste do Cruceiro

   
   
   
Hio
Vista do Igresario do Hio
Hio
Detalle da Igrexa

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050