• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     26/03/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Localización

Como chegar

O Concello de Cangas do Morrazo está situado no extremo sudoeste da península do mesmo nome, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as rías de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas Illas << Cíes e Ons >>.

Mapa Cangas

 

Cangas atópase perfectamente comunicada por medio de vías terrestres, marítimas e aéreas. Por estrada a vía de comunicación máis importante é a CG4.1 que comunica a comarca coa autoestrada A9.
Unha alternativa é a N-551, que fai o mesmo percorrido, bordeando a costa.

 

Moi recomendable resulta a travesía en barco que nos permite ter unha panorámica da Ría de Vigo e as vilas que como Cangas se asoman ó seu mar. Os barcos entre Vigo e Cangas saen cada media hora en ambas direccións, o tempo da viaxe é duns vinte minutos. No verán hai servicio ás Illas Cíes

 

Vista Ría Vigo

 

Para descubrir toda a súa riqueza, compre dar unha volta polas súas cinco parroquias: Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Cangas.

 

Distancias:

Vigo: 30Km.
Pontevedra: 38 Km.
Santiago: 97 Km.

 

Clima:

Cangas goza dun clima excepcional de tipo oceánico, húmido, con invernos moi suaves e veráns secos e cálidos. Testemuño do anterior é a temperatura media anual que acada os 16º C; sendo a temperatura media en xaneiro entre 10 e 12º C, e nos meses de verán entre 20 e 22º.

 

Posicion GPS (centro de Cangas)
N: 42º 15´ 50,52"
O: 8º 46´ 47,58"


Ver mapa máis grande

 

Aeroportos próximos son o de Peinador en Vigo a 33 Km, e o de Lavacolla en Santiago de Compostela a 75 Km. Ambos conectados directamente coa Autoestrada do Atlántico.

Aeroporto de Peinador. Telf: 986 268 200

Aeroporto de Lavacolla. Telf: 981 547 500

 

 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050