• 1 Costa de la Vela
    Cabo home
    con las islas Cies al fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista desde la playa de Rodeira,
  • 1 Playa de Barra
    en la ensenada de Nerga,
castellano   galego     22/09/2017   
Ayuntamiento de Cangas , 986 300 050

sepe

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria


oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

DECLARACIÓN PÚBLICA SOBRE O QUE ESTÁ OCORRENDO EN CATALUÑA

cangas Cangas, 21/09/2017

Os Grupos municipais dos partidos políticos que conformamos o Goberno local de Cangas (ACE, BNG E ASPUN), queremos manifestar a nosa preocupación e rexeitamento diante dos graves acontecementos das últimas horas en Cataluña contra os dereitos civís con detencións e rexistros en departamentos da Generalitat,:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO ROTEIRO LITERARIO 'BERNARDINO GRAÑA'

cangas Cangas, 21/09/2017

Cangas centrarase esta fin de semana en enxalzar a vida e obra do autor Bernardino Graña grazas ao roteiro literario que está programado para o sábado día 23 de setembro ás 11:30 horas.

ampliarAmpliar información

ampliarCartaz

 

 

 

 

LICITACIÓN DA CONCESIÓN DEMANIAL PARA O USO PRIVATIVO DOS POSTOS VACANTES NO MERCADO DE ABASTOS

cangas Cangas, 21/09/2017

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica no día de hoxe a licitación da concesión demanial para o uso privativo dos postos vacantes na Praza de Abastos de Cangas. Os postos que se licitan son:

ampliarAmpliar información

ampliarAnuncio BOP

 

 

 

 

CHARLA DE COMPOSTAXE INDIVIDUAL E ENTREGA DE 50 COMPOSTEIROS

cangas Cangas, 19/09/2017

Mañá, mércores 20 de Setembro ás 19:00 h, levaremos a cabo no Salón de Plenos a 9ª Charla Informativa "Participa na compostaxe" coordinada pola concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Tania Castro, e impartida por técnicos especialistas de SOGAMA. Nesta charla, a veciñanza coñecerá, da man dos técnicos de Somaga, tódolos detalles do compostaxe individual: ¿que podemos reciclar deste xeito?, ¿cando temos o compost listo para utilizar?, ¿Que ferramentas podemos utilizar? E da man da concelleira, a importancia de reciclar orgánico deste xeito tan cómodo e fácil.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

IV GALA BENÉFICA AECC

cangas Cangas, 18/09/2017

A IV Gala Benéfica que organiza a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) terá lugar o vindeiro venres, día 22 de setembro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Cangas. Trátase dun evento que conta cunha gran repercusión na nosa vila, posto que o seu fin solidario e social provoca que acade unha gran resposta por parte da veciñanza, consolidándose así como unha cita imprescindible dentro do calendario municipal.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

XUNTANZA 'CANGAS EN NEGRO'

cangas Cangas, 14/09/2017

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convoca a unha xuntanza explicativa do programa Cangas en Negro 2017 o vindeiro luns, día 18 de setembro, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

XIII TORNEO CONCELLO DE CANGAS DE TENIS DE MESA

cangas Cangas, 14/09/2017

Un ano máis, o Club Cinania TM celebra a súa XIII Edición do Torneo Concello de Cangas de Tenis de Mesa. Por iso, tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude de Cangas un acto de presentación do evento. Acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias e membros do Club Cinania T.M.

ampliarAmpliar información

ampliarDossier informativo

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO CAMPIONATO BENÉFICO DE PETANCA

cangas Cangas, 14/09/2017

A Casa da Xuventude acolleu hoxe a presentación do primeiro Campionato Benéfico de Petanca, un evento deportivo que está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro. Trátase dunha competición na que participarán arredor de 40 persoas os días 16 e 17 de setembro en horario de 09:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

ampliarAmpliar información

ampliarDossier informativo

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO XIV PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR

cangas Cangas, 13/09/2017

No día de hoxe realizouse a presentación do evento máis importante a nivel de participación e complexidade que hai na Concellaría de Deportes: o Programa de Actividades Extraescolares, que xa conta coa súa XIV edición e que está destinado a todos os cursos dos colexios deste municipio. O programa, unha das grandes apostas da Fundación Cangas Deporte, iniciarase o primeiro luns de outubro e prolongarase ata o 31 de maio de 2018. A duración será de oito meses.

ampliarAmpliar información

ampliarDossier informativo

 

 

 

 

EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA

cangas Cangas, 13/09/2017

O vindeiro venres, día 15 de setembro, inaugúrase a exposición de Katsumi Yamaguchi e Mª Luz González Outerelo na sala Ángel Botello da Casa da Cultura. Trátase dun evento que terá lugar a partir das 19:30 horas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

APERTURA DO CURSO ESCOLAR NO CEIP ESPIÑEIRA

cangas Cangas, 11/09/2017

Tras meses de vacacións, centos de rapaces e rapazas de toda Galicia volveron aos colexios para iniciar o novo curso escolar. Aquí en Cangas, un dos centros referentes foi o CEIP Espiñeira de Aldán, posto que nel realizouse un acto de apertura de curso ao que acudiron o xefe territorial de Educación en Pontevedra

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE COMPOSTAXE EN RODEIRA

cangas Cangas, 11/09/2017

A veciñanza poderá acudir mañá, día 12 de setembro, ao composteiro sito en Rodeira a partir das 10:30 horas. Alí levarase a cabo a realización do cribado de material, así como o reparto de bolsiñas de compostaxe, que se outorgarán tanto aos usuarios recorrentes como ás persoas que se acheguen preguntando polo sistema de tratamento de residuos orgánicos.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

25 ANIVERSARIO PROTECCIÓN CIVIL

cangas Cangas, 07/09/2017

O Concello de Cangas conmemora o 25 aniversario de Protección Civil coas seguintes actividades:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

INSCRICIÓN LUDOTECA

cangas Cangas, 06/09/2017

Todos os nais, pais, titores das/os nenas e nenos interesados en asistir á ludoteca poden presentar a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude de Cangas a partir do 13 de setembro.

ampliarAmpliar información

ampliarProxecto

 

 

 

 

XIX TROFEO VILA DE CANGAS DE FÚTBOL

cangas Cangas, 04/09/2017

Este luns, día 04 de setembro, levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello a presentación do XIX Trofeo Vila de Cangas de Fútbol.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

RECEPCIÓN A TERESA PORTELA

cangas Cangas, 03/09/2017

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón; así como membros da oposición (Fran Soliño e Alfredo Iglesias), o presidente do Club de Mar Ría de Aldán, Gustavo Marcelino e o marido e palista olímpico de Portela.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

BENVIDA E RECEPCIÓN A ALEJANDRO CASAL

cangas Cangas, 01/09/2017

De novo, un cangués volveuse coroar no mundo deportivo. Alejandro Casal, chegou á nosa vila tras gañar o título de campión de Europa coa selección española de Kaiak-Polo. Algo que se quixo recoñecer desde o Concello, onde se lle ofreceu unha acolledora benvida tras o seu enorme éxito.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

XIII TROFEO DE PESCA SUBMARINA

cangas Cangas, 31/08/2017

A pesca submarina foi unha das protagonistas no día de hoxe grazas á presentación do XIII Trofeo Concello de Cangas desta disciplina deportiva. Trátase dunha competición que se realizará o vindeiro domingo día 3 en horario de mañá na Costa da Vela, e que está organizada polo Club Galerna de Actividades Subacuáticas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ACTO DE RECIBIMENTO A RODRIGO GERMADE

cangas Cangas, 31/08/2017

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción ao palista cangués Rodrigo Germade tras ganar as súas dúas primeiras medallas mundiais no Campionato do Mundo da República Checa. Conseguiu un ouro en K-2 e unha medalla de prata co equipo español de K-4, uns grandísimos e exitosos resultados que se quixeron recoñecer nesta institución. Actos que xa veñen sendo habituais grazas ao enorme talento deportivo que se almacena nesta vila.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

SUXESTIÓN AO ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI DE SAÚDE DE GALICIA

cangas Cangas, 25/08/2017

Unha vez revisado o Anteproxecto de Lei polo cal se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia e estando dentro do prazo de alegación (comprendido entre o 02/08/2017 ao 01/09/2017), o Concello de Cangas solicita á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o seguinte:

ampliarAmpliar información

ampliarSuxestión á normativa

 

 

 

 

CLAUSURA DO TALLER PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

cangas Cangas, 25/08/2017

Na xornada de hoxe deuse remate ao taller para persoas con Diversidade Funcional, no que están integrados membros da Asociación Juan XXIII e de Aspamsim. Como clausura e, seguindo a temática do obradoiro, todos os membros dirixíronse cara a praia de Rodeira para facer un acto simbólico, creativo e artístico para concienciar á poboación sobre o necesaria que é a limpeza nas praias.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

O MUSICAL 'KELTIA' CHEGA A CANGAS O VINDEIRO LUNS

cangas Cangas, 25/08/2017

O Concello de Cangas acolleu hoxe a presentación do musical 'Keltia', que terá lugar o vindeiro luns 28 de agosto na Avenida de Castelao ás 22:00 horas. Trátase dun acto significativo, designado polo alcalde, Xosé Manuel Pazos

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

CLAUSURA DO PROGRAMA "ENREDOS DE VERÁN"

cangas Cangas, 25/08/2017

O programa "Enredos de verán", organizado polas concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado rematou hoxe tras iniciarse o pasado 26 de xuño.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

INFORMACIÓN OBRADOIROS DE LECER

cangas Cangas, 25/08/2017

Velaquí achegamos información sobre os obradoiros de lecer que organiza a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade:

ampliarAmpliar información

 

 

 

REIVINDICACIÓN LIMPEZA DAS PRAIAS NO TALLER PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

cangas Cangas, 24/08/2017

O Taller desta tempada para Persoas con Diversidade Funcional, no que están integrados membros da Asociación Juan XXIII e de Aspamsim, está enfocado na recollida de lixo, concretamente estase levando a cabo unha campaña de reivindicación e concienciación da limpeza nas praias.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PRESENTACIÓN XORNADA POPULAR DE XADREZ

cangas Cangas, 24/08/2017

Un ano máis, arredor das Festas do Cristo, contamos cunha xornada popular de xadrez que se desenvolverá o vindeiro domingo, día 27 de agosto, na Alameda Nova de Cangas entre as 11:00 e as 14:00 horas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PRESENTACIÓN TORNEO DE EXHIBICIÓN 'FÚTBOL GAÉLICO'

cangas Cangas, 24/08/2017

A Casa da Xuventude acolleu por primeira vez a presentación dun torneo de exhibición de Fútbol Gaélico, que se levará a cabo o vindeiro sábado, día 26 de agosto, entre as 16:30 e as 18:30 horas no Campo de Fútbol Javier Guimeráns do Hío.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

CAMPAÑA CONCELLOS EN NEGRO 2017

cangas Cangas, 23/08/2017

O Concello de Cangas vólvese sumar este ano á campaña denominada "Concellos en Negro", que terá lugar durante a semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A finalidade é lograr que a nosa vila se tinga de negro en repulsa á violencia machista, expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO "GRANXADARÚA Vll - MOCIDADE" CANGAS

cangas Cangas, 23/08/2017

ampliarBases Obradoiro alumnos

ampliarBases Obradoiro docentes

 

 

 

CAMPAÑA PARA FOMENTAR UNHAS FESTAS LIBRES DE VIOLENCIAS SEXISTAS

cangas Cangas, 23/08/2017

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Cangas, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade en colaboración coa Concellaría de Cultura, leva a cabo a campaña denominada "Por unhas festas libres de violencias sexistas", que coincide co inicio das Festas do Cristo 2017.

ampliarAmpliar información

ampliarPanfleto

ampliarFolleto

ampliarFolleto mozos

 

 

 

 

ACTO DE RECEPCIÓN AO DELEGADO NACIONAL DE COLOMBICULTURA

cangas Cangas, 22/08/2017

O Concello de Cangas acolleu hoxe na sala anexa á Alcaldía un acto de recepción ao Delegado Nacional da Real Federación Española de Colombicultura, Bernardino Crespo. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos, e o concelleiro de Deportes Xoán Chillón, así como membros relacionados con esta disciplina deportiva:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DOS TORNEOS DE BALONCESTO DAS FESTAS DO CRISTO

cangas Cangas, 18/08/2017

Este venres, día 18 de agosto, tivo lugar na Casa da Xuventude a presentación dos diversos torneos de baloncesto que se enmarcan dentro da programación das Festas do Cristo e que están organizados polo Club Baloncesto Defensores do Morrazo.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

5 MINUTOS DE SILENCIO POLOS ATENTADOS EN CAMBRILS E BARCELONA

cangas Cangas, 18/08/2017

O Concello de Cangas súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e manifesta a súa consternación polos graves e penosos feitos acaecidos en Barcelona e Cambrils. Como mostra de apoio ás vítimas e ás súas familias e amigos, realizouse unha convocatoria para gardar cinco minutos de silencio diante do Concello ás 12 horas do día de hoxe.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN SILENCIOSA

cangas Cangas, 17/08/2017

O Alcalde do Concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, condena os atentados acontecidos no día de onte e transmite a súa solidariedade ás vítimas e ás súas familias, así como aos barceloneses e barcelonesas e veciños e veciñas de Cambrils.

ampliarAmpliar información

 

 

 

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO E Á CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL

cangas Cangas, 17/08/2017

Dende a Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas quérese dar difusión a unha serie de axudas de recente publicación relativas ao emprendemento e á consolidación empresarial en prazo de solicitude da Xunta de Galicia, e poñer á disposición da veciñanza os servizos da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello para ampliar información sobre as mesmas:

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN CANJAZZ 2017

cangas Cangas, 16/08/2017

O Canjazz, un dos certames máis importantes de Galicia no referente ao mundo do jazz, celebrarase entre o 20 e o 23 de agosto. Durante eses días albergaranse concertos diúrnos e nocturnos, así como obradoiros e máster classes. Trátanse dunhas actividades que logran que a XX edición deste Festival Internacional sexa moito máis completa.

ampliarAmpliar información

ampliarProgramación

 

 

 

 

CAMPAÑA 'CANGAS EN NEGRO'

cangas Cangas, 16/08/2017

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade e o Consello de Igualdade informan que este xoves 17 de agosto ás 21:00h no Salón de Plenos do Concello de Cangas está convocada unha reunión informativa aberta á participación de colectivos do comercio, asociativos, da hostalería, axentes sociais, deportivos e persoas interesadas... para explicar a campaña Concellos en Negro co fin de potenciar a participación na mesma, dado que o Concello de Cangas é un dos concellos adheridos.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

XII CAMPIONATO DE PETANCA DO MORRAZO

cangas Cangas, 11/08/2017

Secundino Graña Germade e Joaquín Rodríguez, presidente e tesoureiro do Club Petanca Casa da Bola (respectivamente), presentaron hoxe a doceava edición do Campionato de Petanca do Morrazo. Un acto ao que acudiu o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, en representación do concelleiro de Deportes.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

XXXII TROFEO VILA DE CANGAS DE BALONMÁN

cangas Cangas, 10/08/2017

Este xoves, día 10 de agosto, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación do XXXII Trofeo Vila de Cangas de Balonmán. O encontro, que terá lugar este sábado, día 12 de agosto, no Pavillón Municipal de O Gatañal, transcorrerá en horario de 20:00 a 21:30 horas, e nel enfrontaranse o Frigoríficos do Morrazo e o ABC Braga (Portugal). A entrada será de balde para todas as persoas asistentes.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN GALEGA E MOI COMPLETA NAS FESTAS DO CRISTO 2017

cangas Cangas, 10/08/2017

A poucas semanas de iniciarse as grandes festas de Cangas, hoxe asistimos á presentación das Festas do Cristo 2017, á que acudiron o deputado de Cultura, Xosé Leal, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, os integrantes do grupo Furious Monkey House, así como membros de Lembranzas na Ría e Astarot.

ampliarAmpliar información

ampliarPROGRAMA DAS FESTAS

 

 

 

 

A MOSTRA DO POSIBLE REALIZARASE EN CANGAS O SETE E O OITO DE OUTUBRO

cangas Cangas, 09/08/2017

Entre o 7 e o 8 de outubro terá lugar a Mostra do Posible no concello de Cangas, un evento organizado pola Rede de Solidariedade Popular de Vigo que intentará buscar un espazo de encontro entre empresas de economía social para establecer unha forma de vida máis xusta. De feito, o obxectivo que intenta lograr este proxecto consiste en transformar á sociedade, conseguir un mundo solidario e colaborativo; así como amosarlle á cidadanía que existen alternativas reais, sociais e democráticas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO XIX ABERTO DE TENIS CONCELLO DE CANGAS

cangas Cangas, 09/08/2017

Hoxe tivo lugar a presentación do XIX Aberto de Tenis Concello de Cangas, un evento deportivo que se celebrará entre os días 18 e 27 de agosto nas pistas do CEIP San Roque (fase previa 18 a 22 e a fase final entre os días 22 e 27). As categorías participantes son dúas: a masculina e a feminina.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

GAÑADORES DA I EDICIÓN DO CERTAME DE MAQUETAS DE GRUPOS NOVEIS

cangas Cangas, 09/08/2017

Co fin de promover a música independente de calquera estilo entre os mozos e mozas do Morrazo, convocouse no mes de xuño a I Edición do Certame de Maquetas de Grupos Noveis, que está enmarcado no programa 'Musicangas'.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ACTO DE RECEPCIÓN Á MARTA IGLESIAS

cangas Cangas, 08/08/2017

O Concello de Cangas recibiu onte no Salón de Plenos a outra deportista canguesa que participou no Campionato do Mundo Júnior celebrado en Romanía: Marta Iglesias do Club de Mar Ría de Aldán. A piragüista conseguiu un meritorio oitavo posto na final de K1-1000 metros.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS AO PÚBLICO PARTICIPANTE NA FEIRA DA TAPA 2017

cangas Cangas, 04/08/2017

A Casa da Bóla acolleu hoxe un acto de entrega de premios ao público que participou na edición deste ano da Feira da Tapa. Nel estivo presente a concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local, Ánxela Vizoso.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

O PROXECTO ARTÍSTICO "MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO" CHEGA A CANGAS

cangas Cangas, 04/08/2017

O vindeiro xoves, día 10 agosto, levarase a cabo ás 21:00 horas na Praza das Pontes o acto denominado "Mulleres en Acción: violencia zero", ao que asistirán a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, e o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela. A artista e bailarina Paula Quintas tamén estará presente, posto que presentará a súa peza 'Plastic', na que mostra cuestións tan relevantes como a sexualidade, a cirurxía ou a relación entre o corpo e a imaxe.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ACTO DE RECEPCIÓN AOS DEPORTISTAS DAVID BARREIRO E PABLO GRAÑA

cangas Cangas, 03/08/2017

Hoxe tivo lugar a recepción de dous deportistas cangueses que destacaron especialmente no Campionato do Mundo Júnior celebrado na derradeira fin de semana en Romanía. Pablo Graña logrou a medalla de ouro na final C1-200 metros e o 4º posto na final C2-1000 metros, mentres que David Barreiro conseguiu o 5º posto na final C1-1000 metros. No acto, celebrado no Concello de Cangas, estiveron presentes representantes dos grupos políticos que forman parte do Equipo de Goberno.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

CONVOCATORIA CONSELLO SECTORIAL DE URBANISMO

cangas Cangas, 3/08/2017

A Concellaría de Urbanismo do Concello de Cangas convoca o vindeiro martes, día 8 de agosto, ás 19.00 horas unha reunión para poñer en coñecemento do contido das normas reguladoras do Consello Sectorial de Urbanismo (CSU), xa que, de forma inmediata serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), tendo un prazo de 30 días para poder presentar as reclamacións ou suxestións pertinentes.

ampliarAmpliar información

 

 

 

CANGAS VOLVERÁ SER A CAPITAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE COLUMBICULTURA NO ANO 2018

cangas Cangas, 01/08/2017

A vila de Cangas converterase de novo na capital do campionato de España de Columbicultura 2018, tal e como se anunciou na presentación de hoxe, á que acudiron o alcalde, Xosé Manuel Pazos, o concelleiro de deportes, Xoán C. Chillón e os responsables do certame José L. Pereira Barcala e Santiago Antepazo.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ACTO DE RECEPCIÓN E DESPEDIDA A SOLANGE PEREIRA

cangas Cangas, 01/08/2017

Hoxe tivo lugar un acto de recepción e, ao mesmo tempo, de despedida á atleta Solange Pereira, que vén de lograr a medalla de ouro no Campionato de España e que partirá mañá rumbo ao Mundial de Londres. No acto estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos que forman parte do equipo de goberno.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS AOS CLUBS DE CANGAS

cangas Cangas, 31/07/2017

Con data de hoxe, saen publicadas no BOPPO as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2017. Polo que, a partir de mañá os clubs teñen de prazo ata ó día 30 de agosto para presentar a documentación pertinente para a primeira fase desta convocatoria.

ampliarAmpliar información

 

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA AS ESCOLAS INFANTÍS CHOUPANA E O HÍO

cangas Cangas, 31/07/2017

As escolas infantís Choupana e O Hío permanecerán pechadas durante este mes de agosto, tal e como se recolle no artigo 25.2 do Regulamento de Réxime Interno destes establecementos públicos que están xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

ampliarAmpliar información

 

 

 

NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NA ALAMEDA DE CANGAS

cangas Cangas, 28/07/2017

O Concello de Cangas únese, de novo, a unha campaña de doazón de sangue. Por iso, unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazarase ata a Alameda durante os días 1 e 2 de agosto en horario de 10:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Desde o Concello prégase a máxima colaboración cidadá.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

"Comeza a Festa", cartel gañador para as Festas do Cristo 2017

cangas Cangas, 21/07/2017

Unha vez rematado o procedemento de concurso do cartel que anunciará as Festas do Cristo 2017 o resultado é o seguinte:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DA OITAVA EDICIÓN DO KANEKAS METAL FEST

cangas Cangas, 21/07/2017

No día hoxe levouse a cabo a presentación da oitava edición dun dos festivais máis importantes de Cangas e das Rías Baixas: o Kanekas Metal Fest, que terá lugar o vindeiro sábado día 29 de xullo. Comezará a partir das 20:30 horas detrás do Concello. A entrada é totalmente gratuíta.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

Exames e horarios do Conservatorio e da Escola de Música

cangas Cangas, 21/07/2017

ampliarCalendario de exámenes

ampliarHorarios materias colectivas grao elemental

 

 

 

 

anuncios do concello

PRESENTACIÓN DA VIII REGATA RÍA DE ALDÁN K4-C4

cangas Cangas, 20/07/2017

A oitava edición da Regata Ría de Aldán K4-C4 terá lugar o vindeiro martes, día 25 de xullo. Hoxe realizouse a presentación do mencionado evento, á que acudiron o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, e o presidente do club organizador (Club Mar Ría de Aldán), Gusto A. Marcelino Canosa.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ENTRADA EN VIGOR DO NOVO RUEIRO E A NOVA NUMERACIÓN NO CONCELLO DE CANGAS

cangas Cangas, 20/07/2017

Foron numerosos os problemas coa correspondencia que durante anos sufriron os veciños e veciñas da periferia canguesa (retrasos na entrega, direccións incorrectas pola falta de sinalización en rúas e camiños, etc.). Con esta problemática sobre a mesa levouse a cabo unha dura labor desde o Departamento de Estatística do Concello para definir o actual rueiro.

ampliarAmpliar información

 

 

 

NOVA ADQUISICIÓN PARA A POLICÍA LOCAL

cangas Cangas, 20/07/2017

O Concello de Cangas presentou a súa nova adquisición: unha moto para a Policía Local. Trátase dun vehículo automóbil que facilitará a realización de patrullas polos ámbitos máis rurais de Cangas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017/2018

cangas Cangas, 13/07/2017

As concellarías de Ensino e Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade veñen de presentar as Bases Reguladoras para a concesión de axudas de comedor para alumnado de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria dos CEIP do Concello de Cangas, Curso 2017/2018.

ampliarAmpliar información

ampliarBases

 

 

 

CONCURSO de FOTOLECTURA 2017

cangas Cangas, 14/07/2017

A organización do Concurso canalizarase a través das Bibliotecas Públicas Municipais de Cangas: Aldán, Coiro, Darbo, e O Hío.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

IV FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL ATURUXOS AO SON DA RÍA

cangas Cangas, 10/07/2017

Este venres, día 14 de xullo, comezará o IV Festival de Música e Danza Tradicional Aturuxos ao Son da Ría, un certame que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 16 de xullo. O proxecto ten como misión principal promover a tradición galega dentro do noso pobo, ofrecendo así as diferentes músicas e bailes das diversas agrupacións participantes. Á súa vez, tamén pretende ofrecerlles ás mesmas unha oportunidade para que mostren o seu talento e a súa calidade ante toda a veciñanza, visitantes ou turistas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

CONVOCATORIA EXPLOTACIÓN DAS CARPAS DAS FESTAS DO CRISTO 2017

cangas Cangas, 10/07/2017

A partir de mañá, martes 11 de xullo, os locais que o desexen poderán solicitar a ocupación das "jaimas" para as Festas do Cristo 2017, que normalmente son empregadas por locais do municipio para realizar servizos de bar.

ampliarAmpliar información

 

 

 

AFUNDACIÓN E ABANCA ASINAN CON CONCELLO DE CANGAS UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL

cangas Cangas, 6/07/2017

O Concello de Cangas vén de asinar esta mañá na Casa do Concello un convenio con ABANCA e Afundación grazas ao cal acollerá a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad, incluída no proxecto Corrente Cultural, mediante o cal, Afundación impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN XXVIII BANDEIRA CONCELLO DE CANGAS DE TRAIÑAS

cangas Cangas, 6/07/2017

No día de hoxe tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da XXVIII Bandeira Concello de Cangas de Traíñas, acto ao que acudiron Xosé M. Pazos, Alcalde; Xoán C. Chillón, Concelleiro de Ensino e Deporte; e Cándido Bernárdez (Directivo do Club de Remo Vila de Cangas).

ampliarAmpliar información

 

 

 

MANTEMENTO CORRECTIVO DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL

cangas Cangas, 3/07/2017

A concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giraldez, desprazouse o pasado venres ao Campo de Fútbol Municipal para supervisar os traballos de mantemento do campo que realiza a empresa Zona de Obra o Rosal, S.L. con fondos propios.

ampliarAmpliar información

 

 

 

SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL

cangas Cangas, 30/06/2017

De acordo coas bases que regulan as subvencións destinadas a concellos da provincia de Pontevedra para a sinalización do patrimonio histórico e cultural e a memoria histórica, ano 2016, publicadas no BOP 122 de data 28/06/2016, en sesión do 28 de outubro de 2016 a Deputación aprobou a concesión de subvención correspondéndolle a Cangas a cantidade de 6.171EUR.

ampliarAmpliar información

 

 

 

SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA AVDA. DE VIGO

cangas Cangas, 30/06/2017

Un dos obxectivos da Concellaría de Mobilidade do Concello de Cangas é traballar en estreita colaboración coa Concellaría de Obras e Servizos para a eliminación das barreiras físicas que cada día sofren as persoas con mobilidade reducida. "Sabemos que hai moito traballo por facer xa que non foi ata agora unha prioridade nas actuacións urbanísticas pasadas, polo que debemos incorporar as medidas correctoras cara a eliminación e corrección dos erros do pasado, establecendo as bases para o futuro".

ampliarAmpliar información

 

 

 

34 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo

cangas Cangas, 28/06/2017

ampliarPROGRAMA

ampliarXORNADA MULLERES EN ACCION

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO "IX TORNEO ABERTO DE XADREZ"

cangas Cangas, 28/06/2017

O IX Torneo Aberto de Xadrez presentouse hoxe na Casa da Xuventude de Cangas, unha cita que vén sendo habitual para este concello morracense e que vai gañando adeptos co pasar do tempo. De feito, o evento conta con oito edicións e este ano celebrarase a novena. Ó citado acto acudiron o Concelleiro de Deportes Xoán C. Chillón e o coordinador do evento Tomás Lemos, ademais dos técnicos de deportes

ampliarAmpliar información

 

 

 

VALORACIÓN MOI POSITIVA SOBRE A COLABORACIÓN ENTRE POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL DE CANGAS

cangas Cangas, 28/06/2017

Na Xunta Local de Seguridade celebrada no día de onte no Concello de Cangas destacouse a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local que se ven dando durante todos estes anos e que se está a manter, redundando en beneficio da cidadanía: "canta máis coordinación haxa entre as forzas e corpos de seguridade a veciñanza percíbeo como algo positivo".

ampliarAmpliar información

 

 

 

ENTREGA DO PRIMEIRO VEHÍCULO ELÉCTRICO AO CONCELLO DE CANGAS

cangas Cangas, 27/06/2017

O Concello de Cangas acaba de recibir a súa última adquisición, o primeiro vehículo eléctrico para o servizo de xardinería, que permitirá facilitar o acceso a zonas máis estreitas do normal.

ampliarAmpliar información

 

 

 

"CLAUSURA CURSO ESCOLAR 16/17 NO CEIP ESPIÑEIRA DE ALDÁN"

cangas Cangas, 22/06/2017

Esta mañá asistimos á clausura do curso escolar 16/17 nun lugar moi especial, o CEIP Espiñeira de Aldán. Coincidindo con este acto, o alumnado de 5º e 6º aproveitou a ocasión para presentar o seu proxecto "A nosa charca".

ampliarAmpliar información

 

 

 

"III MARCHA BTT BIKE OU NON VAI"

cangas Cangas, 21/06/2017

O Clube "Bike ou non vai" leva anos traballando coa Concellaría de Ensino e Deporte, alternando a marcha Angelman coa BTT, e nesta ocasión acolle unha iniciativa solidaria en cooperación coa Asociación Agaela. O evento, que se levará a cabo este domingo día 25 de xuño, conta coa colaboración dos concellos de Cangas, Bueu e Moaña.

ampliarAmpliar información

 

 

 

"PRESENTACIÓN DA IV ANDAINA - I SENDERISMO DE CANGAS"

cangas Cangas, 21/06/2017

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) xunto coa Concellaría de Ensino e Deporte presentaron hoxe, na Casa da Xuventude, a IV Andaina - I Senderismo Cangas, unha iniciativa social que ten como fin principal conmemorar o Día Mundial Sen Tabaco, xornada que se adoita celebrar o 31 de maio pero que se aprazou para o vindeiro domingo, 25 de xuño, debido a modificacións na Xunta Directiva da citada asociación.

ampliarAmpliar información

 

 

 

BECAS DO PROGRAMA ENREDOS DE VERÁN

cangas Cangas, 20/06/2017

A xunta de goberno local do 19 de xuño aprobou o listado de becas concedidas pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, por un valor de 8.095EUR das que se benefician un total de 45 menores de 48 solicitantes.

ampliarAmpliar información

 

 

 

SOLIDARIEDADE CON PORTUGAL ANTE A TRAXEDIA DE LEIRÍA

cangas Cangas, 20/06/2017

Membros da Corporación Municipal, traballadores e traballadoras deste Concello, representantes do tecido asociativo de Cangas e veciños e veciñas desta vila concentráronse ás 12:00 horas ás portas do Concello para mostrar a súa solidariedade co pobo de Portugal nestes momentos de infinita tristeza.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

© 2013 Ayuntamiento de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050