• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     22/02/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Reseña histórica de Cangas

Historia Patrimonio histórico de cangas

 

Prehistoría en Cangas Primeiros asentamentos humáns.
Cultura Castrexa
"O facho en Hio ."ampliar info
Imperio Romano Santuario Galaicorromano.
Deus Berobreo
" Berobreo "ampliar info
Século XII Primeira referencia documental a Cangas
Século XV Revoltas Irmandiñas
" II Guerra Irmandiña"ampliar info
século XVI Crecemento económico e demográfico
Xurisdición de Cangas
século XVII Destrucción de Cangas polos Piratas.
"María Soliña, a inquisición en Cangas" ,ampliar info
"Piratas Berberiscos"ampliar info
"Batalla de Rande"ampliar info
século XIX Extinción da xurisdición de Cangas.
Concello de Cangas.
Anexión de Aldán e Hio
século XX Centro Conserveiro
Emancipación Xudicial de Pontevedra

 


Cangas do Morrazo en 1929


videoGrabación de Cangas en 1929 .


intro Vestixios da Cultura Castrexa e Romana...

 

 Castro en O FachoDurante a ocupación romana de Galicia, o Morrazo pertencía ó convento Bracarense (con capital en Braga) e a poboación indíxena que habitaba estas terras entre o río Lerez e a ría de Vigo estaba incluida na tribu dos Helleni, nome que non debe inducir a crer que eran pobos de colonización grega.

Estes indíxenas vivían en poboados chamados castros que eran murallas circulares ou elípticas feitas de pedras e terra en lugares altos, dentro había casas e constitúen os poboados da época prerromana e romana.

En Cangas destacan os castros de O Castelo en Darbo, Liboreiro en Coiro e o Facho no Hío. Nestes castros* atopouse cerámica da época romana e aras romanas, dedicadas a deuses indíxenas. De todos eles merece especial atención por ser único non só en Galicia senón na Península Ibérica " O Facho en Hío."

No monte de O Facho, atopamos o Santuario do deus " Berobreo ", deus "local" ó que se lle pedia saude.


Da época romana está a chamada vila Pipín e tres piscinas atopadas na praia de Pinténs que se dedicaban á salgadura de peixe.

 

 

intro O nome da vila

 

O nome de Cangas aparece por primeira vez na Historia nun documento de 1160, no que o rei Fernando II dona a "heredad" de Cangas, situada a orillas do mar, a un tal Varela, presumiblemente un cabaleiro.

 

intro O Nacemento da Vila..

 

Na primeira metade do século XV, moitos veciños das parroquias colindantes de Darbo e Coiro aséntanse no fronte marítimo; por iso aparecen referencias a que viven i exercen o seu oficio de mareantes no Porto de Cangas. O seu número chegaría a ser superior ó da parroquia de Darbo, articulándose entón un incipiente núcleo urbán onde destacan dous barrios, O Sinal e O Costal, núcleos primixenios da vila.

En 1467, e debido ó clima de anarquía política e os constantes abusos da nobreza, Cangas veuse inmersa nunha gran revolta popular e antiseñorial conocida como " A Guerra Irmandiña". Foi entón cando os sublevados derrocaron a Fortaleza de Darbo, pertencente á mitra arcebispal de Santiago.

A nosa poboación empeza a ser citada como vila a partires do século XVI, cando se levanta a igrexa que pasaría a ser Colexiata no 1545. Neste momento constrúense outros importantes edificios como o Hospital, e se configura xa como cabeza de Xurisdicción do Morrazo, dotada de Reximento (Concello), con notarios, escribanos públicos, e xuices nomeados polo Arcebispo de Santiago. De el dependería Cangas dende entón, e nela cobraba medio dezmo por medio de fieis (inspectores de tributos) propios.

A segunda metade do século XVI é a época de máximo esplendor baseado na exportación de peixe a Portugal, portos andaluces e portos do Cantábrico. A vez convírtese en centro importador de viños de Andalucía e de viños galegos de Rivadavia que se consumen na vila e se reexportan a portos do Cantábrico. Esta actividade fanna un nutrido grupo de burgueses que se enriquecen sendo mercaderes i exportadores de peixe salgado (sardiña) ou seco (polbo).

A comezos do XVII a próspera economía de Cangas entra en crise trala invasión de "Piratas Berberiscos" en 1617.Pouco despois aparecen na vila un gran número de procesos por bruxería, entre eles o de "María Soliña".

No 1702, os veciños viron con pavor como unha xigantesca escuadra anglo-holandesa adéntrase na ría, perseguindo a unha flota franco-española procedente de América cargada de inmensas riquezas. En prevención, as maiores riquezas tiñan sido trasladadas a outras vilas e lugares próximos, pero esta vez Cangas librouse do saqueo. En cambio, outras poboacións da ría (como Redondela) foron obxeto de rapiña e pillaxe por parte do inimigo, trala súa victoria na "Batalla de Rande".

A poboación agraria cultivará terras que son do directo dominio do sector eclesiástico e nobre, que pagará foros polas mesmas, que son percibidos polos señores medianeiros (hidalgos de segunda fila que aforan terras a campesiños).

Logo de 1750 a actividade industrial de salgadura pasa a mans dos fomentadores cataláns que se instalan en Bueu e teñen fábricas en Aldán e Hío.

A comezos do século XX, as salgaduras comezan a deixar paso ás fábricas de conserva que levarán o protagonismo da actividade industrial, e logo de 1939 instálase en Cangas o enorme complexo conserveiro de Massó que chegará a ter mais de 1000 posto de traballo e que entra en crise na década de 1980 ata desaparecer.

Hoxe a vila é un centro urbano que depende no económico da área de Vigo aínda que o sector de servizos é a actividade principal, segue tendo importancia o sector pesqueiro cunha importante mariñeiría que pesca nos caladoiros de Gran Sol e en caladoiros de África.
O futuro está na aposta polo Turismo e hai un elevado desenvolvemento do sector inmobiliario, porque o seu clima, praias, deportes náuticos e gastronomía fan que sexa a segunda residencia de numerosos visitantes.

 

intro Reseña histórica da caza da balea en Cangas...

 

caza da balea en Cangas A caza industrial da balea comeza na segunda metade do século XIX, coa aparición de dúas innovadores técnicas que reactivaron esta actividade, a invención e perfeccionamento do canón lanza arpóns polo noruego Svend Foyn por un lado e , por outro a propulsión a vapor e o casco metálico das embarcacións. Ata este momento a caza fora artesanal e non estaba exenta de risgos.

Nesta época son dúas as empresas baleeiras que actúan en Galicia, a compañía Baleeira española, creada en 1914 a iniciativa de capital Noruego, que non empezou a súa actividade ata anos mais tarde, debido á Primeira Guerra Mundial. Vai a operar nun primeiro momento na área do estreito de Xibraltar, con técnicos noruegos que asesoran os españois, comezará a súa actividade en Galicia en 1924 coa apertura da factoría de Caneliñas.

A outra empresa era a Sociedade Anónima Corona, con domicilio social en Vigo, que obtén a súa primeira autorización para dedicarse a caza da balea en decembro de 1923 a nome de Don Cipriano Roque de Careaga, e Cortina. Esta empresa está asociada tamén a outra de nacionalidade noruega. O ano seguinte , en 1924, e antes de que se abrise a factoría de Caneliñas comeza a súa actividade industrial no buque factoría Alfonso XIII, que fondea primeiro na enseada de Barra, pero tamén posteriormente na ría de Aldán. Ante estes datos podemos soster con orgullo que a actividade baleeira industrial en Galicia tivo o inicio no noso Concello. Esta empresa utilizou para a caza barcos de fabricación estranxeira. Noruegos e botánicos, adecuados para o seu fin, os Corona I, II, III, IV, que abastecían coas súas capturas ó buque factoría.

caza da balea en CangasEn 1927 remata esta primeira fase da explotación industrial da balea debido basicamente a factores económicos. A chegada das guerras Civil e Mundial, supuxo que esta actividade ata moitos anos despois, unha vez superado este episodio bélico. Por o que se refire a Galicia, a actividade, se retoma, de novo na restaurada factoría de Caneliñas a cargo da empresa Industrias Baleeiras S.A. (IBSA), que inicia a súa actividade en 1951, obtendo o permiso para a caza que iría renovando ata a chegada da moratoria. A segunda autorización que se concede nesta época faise a favor da factoría de Balea C. B. Empresa esta na que participan a partes iguais Massó Hermanos S.A, Barreras e IBSA, e que comeza a súa actividade en 1955 dende a factoría de Balea en Cangas, aproveitando nas súas instalacións material da desmantelada factoría de Benzú.

Xa no ano 1964 concédese unha licenza a Massó Hermanos S.A que vai actuar dende a de Cabo Morás, na mariña Lucense.

As tres empresas van posteriormente a fusionarse baixo a denominación de IBSA, nome co que chegaría ata o final da súa actividade coa entrada en vigor da moratoria.

A factoría de Cangas ía a permanecer activa trinta anos, dende 1955 ata 1985.

A mellor época para a caza eran os meses de verán e outono, aproveitando as migracións dos cetáceos. No comezo da actividade de Salgueirón, a campaña comezaba en abril, aínda que coa redución de capturas retrasouse ata o mes de xuño. A zona de caza situábase a unhas 40 ou 50 millas da costa, sendo raro a presenza de capturas o este dos nove graos de lonxitude oeste. Normalmente saía un barco da factoría de Cangas e dous de Caneliñas e Cabo Morás respectivamente. A arribada coas capturas producíase con independencia do porto de orixe, en función da menor distancia da factoría a terra, porque na caza costeira era moi importante que a captura se procese inmediatamente para evitar perdidas na calidade do produto.

Fai relativamente pouco, despois do cese da activade baleeira, varios destes buques estiveron fondeados dentro da dársena do porto de Cangas, estampa que aínda podemos recordar admirando o gran papel fotográfico que se atopa na entrada no edificio do antigo Concello na Rúa Real.

Foxe como foxe, a actividade baleeira acabou tamén en Cangas, e do explendor pasado só quedou o oxido que foi cubrindo as vellas instalacións.

 

 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050