• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     19/08/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Historia >> A guerra irmandiña

A guerra irmandiña en Cangas

Gorrións contra Falcóns ...

En 1467, deu comezo un dos acontecementos máis significativos da Historia de Galicia, ó que Cangas, dende logo, non foi allea.

Daquela, os abusos e desmáns da nobreza galega eran de tal magnitude que sumiran a todo o Reino na máis completa anarquía. As súas fortalezas convertíranse nun niño de malfeitores; os roubos e crimes de toda índole eran moeda común ó longo e ancho do país, sustituíndo a orde e a xustiza pola lei do máis forte. Ademais, o afán desmedido dos señores feudais por engrandecerse e enriquecerse levounos a usurpar señoríos eclesiásticos e a protagonizar continuos enfrontamentos entre si.



Fortaleza de DarboTodo elo terminou por exaspera-los ánimos do campesiñado e das cidades, que dende 1464 principiaron a solicita-lo consentimento de El-Rei para formar irmandades que se encargasen de velar pola seguridade e a paz. A partir deste intre, os feitos precipitáronse. O movemento asociativo, que empezou nos principais núcleos de poboación, estendeuse coma un regueiro de pólvora ata os últimos confíns rurais, para desembocar na formación da "Santa Irmandade do Reino de Galicia". Os seus cargos electos considerábanse delegados rexios, e como tales asumiron o poder.



A resolución dos "alcaldes" e "deputados" irmandiños á hora de aplicar xustiza foi implacable: numerosos asasinos e bandoleiros foron executados sumariamente, mediante "asaetamento". Posteriormente, a ira irmandiña dirixíuse contra o máximo símbolo da opresión feudal: as fortalezas. Un inmenso exército popular cercou e acabou derrocando non menos de 140 torres e castelos en todo o país, tralo cal a derrota dos grandes nobres foi completa, fuxindo estes a Portugal ou Castela. Entre 1467 e 1469, a Santa Irmandade foi o único goberno que tivo Galicia.

En Cangas, o oprobio señorial estaba representado pola fortaleza de Darbo (representación arriba) , pertencente dende 1184 ó arcebispo de Santiago. Situada no cumio do que hoxe se coñece coma Monte Castelo, consistía básicamente nunha cerca ou muralla, reforzada con catro bastións, e no seu interior ubicábanse dúas casas, protexidas á súa vez por unha empalizada de madeira. Aínda que constituía unha construcción máis ben endeble, o seu emplazamento convertíana nun punto moi difícil de atacar.

Tamén a nosa vila tivo a súa propia "irmandade" co seu correspondente "alcalde", Xoán de Fontefría. E a saña dos sublevados cangueses recaiu sobre o cercano castelo, ó cal acudiron para sitialo "todos a unha", segundo o dicir da época. Non sabemos se foi tomado ó asalto ou se foi entregado pacíficamente polo seu "meriño" Vasco Fernández. O que si é seguro é que foi totalmente destruído, e case con certeza "ata non deixar pedra sobre pedra", tal e coma os irmandiños acostumaban facer. E aínda terían tempo as milicias populares de Cangas para participar no derrocamento doutras fortalezas próximas, como a de Soutomaior.

Despois de que os "gorrións" tivensen triunfado sobre os "falcóns" durante tres longos anos, chegou a hora de que estes últimos se resarcisen. A contraofensiva señorial de 1469 terminou co desbaratamento final das irmandades, pero nada voltaría a se-lo mesmo. A derrota militar de 1467 supuxo o principio do fin do poder feudal da aristocracia galega; o seu illamento social fixérase patente, e tamén a súa total incapacidade para dirixir políticamnte o país.

Os decenios vindeiros traerían consigo un fortalecemento da monarquía e das súas institucións, e Galicia entraría con paso firme na nova era da modernidade.

 

 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050