CANGAS ACOLLE A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "1846 – REVOLUCIÓN GALEGA"
O Auditorio Municipal de Cangas acollerá o martes 21 de xullo, ás 21.00 horas, a proxección do documental "1846 – Revolución Galega", unha produción da Fundación Galiza Sempre que recupera un dos episodios máis relevantes da historia contemporánea de Galicia.
A obra é froito dos anos de investigación desenvolvidos por César Caramês arredor da Revolución Galega de 1846, un acontecemento que foi máis alá dun pronunciamento militar e que marcou a aparición de Galicia como suxeito político moderno, deixando tamén unha importante pegada no pensamento e na cultura do país.
Tras a proxección celebrarase un coloquio co director do documental, no que se abordarán o proceso de investigación, as claves históricas dos feitos e a súa influencia na construción da Galicia contemporánea.
A actividade está organizada pola Fundación Galiza Sempre e conta coa colaboración do Concello de Cangas e do Auditorio Municipal.
- Log in to post comments



