• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     26/03/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Centro de Información á Muller

Cim Cangas

Contacto:

-Teléfonos: 986 39 22 68 / Fax: 986 30 36 96
- Mail:cim@cangas.gal

 

 

 

 

 

 

Horario de atención ao público:

Para solicitar calquera información ou cita previa, o Centro de Información á Muller do Concello de Cangas ten o seu horario de atención os luns de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 19:00 e de martes a venres de 9:00 a 14:00 no Centro Municipal de Benestar Social.

 

Localización:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver mapa máis grande...

 

 

Dirección:

-Rúa Andalucía 3 Baixo Edificio Xoia

 

O CIM de Cangas é un servizo encargado de informar sobre recursos dispoñibles na comunidade, sobre cursos, xornadas, conferencias, estudios en materia de igualdade de oportunidades, así como de sensibilizar á cidadanía na importancia da existencia dunha igualdade real entre mulleres e homes.

Entre as accións que se levan a cabo están o fomento do asociacionismo feminino, a promoción da participación das mulleres na vida social, cultural, de formación, de emprego... e a denuncia da necesidade da prevención e erradicación da violencia de xénero..

 

Programas de intervención

Programa de Asesoramento Xurídico:

Está dispoñible os martes de 8:30 a 12:00 e os xoves de 11:30 a 15:00, e nel ofrécese información, orientación e asistencia profesional no campo xurídico, de modo que a muller poida estar asesorada antes de adoptar unha decisión.

Programa de Asesoramento Psicolóxico:

Desenvólvese os luns de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 da tarde e de martes a xoves de 9:00 a 14:00, e nel fanse as valoracións da necesidade dunha atención terapéutica personalizada e adaptada ás problemáticas das mulleres que demandan este servizo.

Para acceder a estes programas é recomendable pedir unha cita previa para unha mellor coordinación e para garantir unha atención de calidade e nas mellores condicións. Os casos que se presenten cunha temática de violencia de xénero, pola súa gravidade, serán atendidos no momento en que contacten co CIM.

Para solicitar calquera información ou cita previa, o Centro de Información á Muller do Concello de Cangas ten o seu horario de atención os luns de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 19:00 e de martes a venres de 9:00 a 14:00 no Centro Municipal de Benestar Social.

 

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050