• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     25/06/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Historia >> Berobreo

Berobreo

ArasBerobreo: enigmática deidade galaica.
No outeiro do Facho , existe un gran poboado do Bronce final, datado entre os séculos IX e VII a.C. No lado contrario do outeiro, aparece un gran castro da Idade do Ferro, fundado no século VI a.C., que foi abandonado pouco antes ou pouco despois da conquista romana. E na croa, un santuario dedicado a un deus do panteón galaicorromano descoñecido polos investigadores ata os anos 60: Bero Breo.

Non hai interpretación posible para o deus Berobreo que era venerado alí. Todo o máis que figura escrito nas aras é que é un “deus lar”, é dicir, un deus doméstico, local.

O santuario estivo en activo entre os séculos II e IV d.C.
O Facho foi un gran centro de peregrinación nos séculos II y IV.
En ningún outro xacemento da península se atopou tal número de aras.

 

Ara Bero BreoApareceron 161 aras. Algunhas recuperanronas Enrique Massó en 1963 e Suárez Mariño e o seu fillo José.
Están depositadas no museo de Pontevedra e no Quiñones de León, de Vigo.
O resto das aras, 119, descubríronse nas sucesivas campañas realizadas desde o 2003, nas que participaron un equipo de arqueólogos galegos e especialistas o Instituto Arqueolóxico Alemán, con José Suárez á cabeza..

Os peregrinos subían ao Facho e na cima do monte, e «plantaban» sobre a terra a súa ara ou altar, unha columna de pedra labrada dedicado ao deus Berobreo, eran altares humildes, que na súa maior parte non superaban o metro de altura, –aínda que algunhas superan o 1,70–, con inscricións parcas e concretas. Pedíaselle saúde.

A inscrición, en latín, é sempre a mesma: «Deus lari Berobreo aram posuit prol salute».

O final da existencia do santuario, o lugar foi abandonado; as aras irán caendo e amoreándose, a veces fragmentadas, para permanecer así ata os nosos días.

O que non é lenda é a herdanza que Berobreo deixou a San Andrés. Ata os anos trinta do século pasado, Ou Hío era lugar de peregrinación ao estilo de Santa Marta ou A Pobra, con cadaleitos e enfermos de todo tipo procedentes de distintos lugares do sur de Galicia.
O santuario do Facho foi abandonado sen violencia e nunca máis se volveron a realizar ritos no lugar.
Todo indica que o culto a Berobreo, tras sufrir un proceso de cristianización, foi absorbido por San Andrés

 

 

 

 

subir

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050